• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación presenta «Non deixes que se apague a túa creatividade» na Sede de Pontevedra e en Afundación TV
Sala de prensa
Afundación presenta «Non deixes que se apague a túa creatividade» na Sede de Pontevedra e en Afundación TV

Afundación presenta «Non deixes que se apague a túa creatividade» na Sede de Pontevedra e en Afundación TV

mércores, 16 de novembro de 2022
Conocimiento y Formación

Finalista dos Premios EDUCA ABANCA 2021, Patricia García, docente e pedagoga da Academia Trazos, converteuse nun referente na educación creativa, diferencial e con atención á diversidade. Afundación presenta mañá, 17 de novembro, unha nova conferencia para escolares de cuarto e sexto de educación primaria e primeiro de ESO, dentro do ciclo «Educación século XXI». Estará en directo, ás 11.30 h, na Sede Afundación de Pontevedra o e tamén en streaming a través de Afundación TV.

«Hai anos pregunteime: por onde empezo?, que necesitan?, que necesito?… Despois de moito pensar e de equivocarme, decidín ser fiel a min mesma e comecei a usar a creatividade como medio de aprendizaxe. Levo anos defendendo a necesidade de promover a creatividade dentro das aulas, e que os nosos nenos e nenas se beneficien desta forma de aprender e, evidentemente, poñéndoo en práctica co meu alumnado».

Segundo a definición máis habitual, a creatividade é a capacidade de creación. Refírese á posibilidade de innovar con orixinais ideas ou conceptos. Orixinalidade, inventiva e innovación. A creatividade é íntima amiga da imaxinación, trátase de xerar algo novo. Pero para todo isto debemos ofrecerlle aos nosos nenos e nenas a oportunidade de facelo, darlle tempo e espazo real para imaxinar.

Neste encontro poñerase o foco nos nenos e as nenas, compartindo unha maneira diferente de entender a aprendizaxe, estimulando o seu pensamento creativo dándolles voz, escoitando as súas propostas e opinións sen facer prexuízos ou poñer límites.

 

Patricia García Figueroa, mestra, psicopedagoga e defensora da creatividade

Emprendeu o seu fogar educativo hai nove anos en Redondela. O que comezou sendo un pequeno espazo de aprendizaxe, é actualmente o seu motor de vida, o seu lugar onde compartir o seu modo de entender a educación e un medio para contaxiar a rapazada e as súas familias de maxia e fantasía.

Día a día pon o seu gran de area para axudar no rendemento e dificultades académicas dos seus alumnos e alumnas, achegando nas súas clases pensamento creativo e desenvolvendo proxectos temáticos baixo escenarios e decorados, usando como medio de creación a reciclaxe. A súa misión é crear estudantes con criterio propio, con capacidade de reflexión, decisión, eliminando prexuízos e desenvolvendo un pensamento fluído e flexible, mostrándose ela mesma como modelo de orixinalidade, compromiso, constancia e esforzo.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078