• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación presenta na súa sede da Coruña a exposición «Luces na escuridade. Da eclipse ás marabillas do universo»
Sala de prensa
Afundación presenta na súa sede da Coruña a exposición «Luces na escuridade. Da eclipse ás marabillas do universo»

Afundación presenta na súa sede da Coruña a exposición «Luces na escuridade. Da eclipse ás marabillas do universo»

mércores, 15 de xullo de 2026
Cultura

Sabías que as eclipses son moito máis que un fenómeno astronómico que escurece o ceo? Esta é unha das cuestións ás que se busca dar resposta na exposición «Luces na escuridade. Da eclipse ás marabillas do universo», que se poderá visitar desde mañá e ata o próximo 22 de agosto na Sede Afundación da Coruña.

Na mostra, desenvolvida en colaboración coa Asociación Galega de Astrofotografía AGA Polaris, exhíbense 23 imaxes realizadas por astrofotógrafos. O seu obxectivo é, alén de achegar o visitante aos segredos que oculta o universo e á beleza que envolve as eclipses, explicar desde un punto de vista científico, a través dos datos, que ocorre no espazo cando se producen estes fenómenos astronómicos.

«Luces na escuridade» é tamén unha viaxe visual que revela estruturas e cores que o ollo humano por si só non pode descubrir: «propoñemos –recolle o texto introdutorio da exposición– unha pequena fiestra ao espazo profundo, onde o que se presentan non son fotografías convencionais, senón o resultado de capturar a luz que viaxou durante séculos ou milenios a través do baleiro cósmico. Cada imaxe é unha cápsula do tempo. Debido ás distancias colosais, ao observar estes obxectos estamos a contemplar o pasado. Esta exposición é unha invitación para entender a nosa posición no universo e para tomar conciencia do lugar que ocupamos nel: un pequeno punto azul rodeado dunha inmensa e fascinante actividade cósmica».

A través das distintas fotografías poderanse observar, entre outros, imaxes das manchas solares, auroras boreais sobre o Faro de Punta Nariga, neboentas, cometas ou as grandes paisaxes da Vía Láctea. Cada fotografía acompáñase tamén de información sobre a localización exacta desde a que se realizou a instantánea e dun relato sobre distintas curiosidades do retratado.

Alén das imaxes, a exposición inclúe un timelapse dunha eclipse solar, que axuda a comprender o fenómeno en toda a súa magnitude e un mapa interactivo que mostra o que se poderá ver segundo a localidade na que nos atopemos e canto durará o evento. Con idénticos fins didácticos, a mostra inclúe información sobre os distintos tipos de eclipses e sobre aqueles que se poderán observar desde A Coruña nos próximos anos.

A exposición, con entrada libre e gratuíta poderá visitarse de luns a sábados, de 12.00 a 14.00 h e de 17.30 a 20.30 h.

 

Imaxe da mostra  AQUÍ

 

«Eclipses: maxia, medo… e ciencia»

A través deste suxestivo título, a doutora en Astrofísica e subdirectora do Instituto de Astrofísica de Canarias, Eva Villaver, ofrecerá un percorrido pola historia cultural e científica dun dos fenómenos naturais máis espectaculares do ceo. A conferencia, aberta a toda a cidadanía e con entrada gratuíta previa reserva en Ataquilla.com, será o próximo 11 de agosto ao 19.00 h na Sede Afundación A Coruña.

A través dunha linguaxe próxima e accesible, Villaver mostrará como as eclipses pasaron de ser interpretados como sinais sobrenaturais a converterse nunha ferramenta fundamental para comprender o funcionamento do universo. A charla está dirixida a todos os públicos, sen necesidade de coñecementos previos, e busca espertar a curiosidade e a fascinación pola astronomía entre persoas de todas as idades.

A conferencia forma parte das actividades abertas ao público organizadas con motivo de «Invisibles26», un congreso internacional que reunirá na Coruña, na Sede de Afundación, do 10 ao 14 de agosto, a algúns dos principais especialistas mundiais en física de partículas, cosmología e astrofísica.

 

Unha investigadora de referencia internacional

Eva Villaver é profesora de investigación e subdirectora do Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC). Doutora pola Universidade de La Laguna, desenvolveu unha salientable carreira científica en institucións de referencia internacional como a NASA, a Axencia Espacial Europea (ESA), a Universidade Autónoma de Madrid e o Centro de Astrobiología.

Ademais, dirixiu a Oficina de Espazo e Sociedade da Axencia Espacial Española e actualmente forma parte do Space Science Advisory Committee (SSAC) da ESA. Recoñecida polas súas investigacións sobre a evolución dos sistemas planetarios e as ananas brancas, participou no descubrimento de decenas de exoplanetas e é autora de centenares de publicacións científicas.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078