• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación presenta no Salón do Cómic de Navarra «Versión orixinal» de Javier Olivares
Sala de prensa
Afundación presenta no Salón do Cómic de Navarra «Versión orixinal» de Javier Olivares

Afundación presenta no Salón do Cómic de Navarra «Versión orixinal» de Javier Olivares

venres, 05 de setembro de 2025
Cultura

Afundación, a Obra Social de ABANCA, e o Concello de Pamplona inauguran esta tarde a exposición «Versión orixinal. de Javier Olivares», que se mostra en primicia na cidade de Pamplona e que se poderá visitar ata o vindeiro 26 de outubro no marco do XVI Salón do Cómic nas Salas Nobles do Palacio do Condestable.

As imaxes están dispoñibles aquí.

Esta exposición nace no marco de apoio a novas linguaxes, cómic e ilustración que leva desenvolvendo a programación de Afundación desde hai case unha década e que a levou a ser pioneira na incorporación dun cómic á súa colección de arte contemporánea, a desenvolver o Festival Internacional de Animación «Imaxinaria» ou a programar exposicións cos máis destacados artistas do xénero a nivel internacional.

A exposición «Versión orixinal» de Javier Olivares, comisariada por Asier Mensuro é, ante todo, unha oportunidade única para achegarse aos grandes personaxes da cultura popular a través da mirada única de Javier Olivares (Premio Nacional do Cómic), un dos historietistas e ilustradores máis prestixiosos do panorama estatal que, co seu persoal estilo a medio camiño entre o cubismo sintético e o expresionismo, achega unha versión fresca e distinta de personaxes moi presentes no imaxinario visual da cultura occidental.

Trátase dunha cita imprescindible coa obra de Javier Olivares, un autor premiado con galardóns tan notables como o Premio Nacional de Cómic que outorga o Ministerio de Cultura, ou o Salón do Cómic de Barcelona, que lle recoñeceu en dúas ocasións. Das case 150 pezas que se recollen na exposición ―dunha notoria variedade de técnicas: bosquexos conceptuais, debuxos a lapis, tinta, tinta e acuarela, tinta e rotulador, e gouache―, unha gran parte son traballos inéditos e exhibidos por vez primeira. Na mostra inclúense, ademais, algúns dos traballos de Oliveirais como ilustrador, entre os que se atopan os debuxos para iluminar clásicos da literatura como Drácula, de Bram Stoker ou Sherlock Holmes, de sir Arthur Conan Doyle. Doutra banda, da súa faceta de historietista, móstrase a adaptación ao cómic que desenvolve xunto a Santiago García de Dr. Jekyll e Míster Hyde, a popular novela de Stevenson. Outros personaxes presentes na exposición proveñen da literatura en forma de viñeta ou cómic, como, por exemplo, Batman, Silver Surfer, Capitán América, Vampirella, Valentina, Maior Fatal, Hellboy e un longo etcétera. Finalmente, tamén se inclúen personaxes de orixe cinematográfica tan populares como King Kong ou a noiva de Frankenstein.

Afundación, a Obra Social de ABANCA, busca a través da súa actividade unha acción social, cultural e educativa orientada ao desenvolvemento integral das persoas. Os proxectos expositivos nacen coa vocación de fomentar o coñecemento, a creatividade e a sustentabilidade a través da cultura, un dereito fundamental que vertebra a súa actividade. «Versión orixinal» de Javier Olivares inscríbese dentro destes obxectivos, nunha liña de programación que busca xerar colaboracións con institucións e entidades de todo o territorio peninsular, permitindo mostrar este proxecto en Pamplona da man do Salón do Cómic de Navarra e en colaboración co concello da cidade.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078