• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación inaugura a mostra «Miña nai! Maternidades e crías no mundo animal»
Sala de prensa
Afundación inaugura a mostra «Miña nai! Maternidades e crías no mundo animal»

Afundación inaugura a mostra «Miña nai! Maternidades e crías no mundo animal»

martes, 24 de febreiro de 2026
Cultura

Hai imaxes de momentos da crianza de peixes pallasos, de bubelas, flamengos ou capibaras. Tamén de osos grizzly, hipopótamos, de oranguntáns. E dos pingüíns rei. E así ata 45 fotografías doutras tantas especies en escenas que abranguen, segundo o caso, desde o nacemento e a crianza até a aprendizaxe e emancipación. É a exposición «Miña nai! Maternidades e crías no mundo animal», que se inaugura esta tarde na Sala de Exposicións do Teatro Afundación de Vigo. Permanecerá aberta ata o día 20 de xuño.

A mostra desenvólvese en colaboración coa editorial Lunwerg e ten como comisario ao escritor, cineasta, debuxante e biólogo ambientalista Fernando González Sitges. Tamén director da Fundación Bioparc, dedicada á promoción da protección e conservación da natureza, na súa faceta coma cineasta González Sitges foi premiado en diferentes festivais internacionais por documentais como Hernán Cortés, un hombre entre Dios y el Diablo.

No seu traballo de divulgador ambiental, Sitges defende a arte como ferramenta para promover a concienciación.  Unha liña de traballo coincidente co proxecto «Educación para a sostibilidade» de Afundación, primeiro premio nacional de Medioambiente de CECA, que ten como obxectivo inculcar boas prácticas e concienciarnos sobre a inmensa relevancia das pequenas accións. Como subliña Marité Cores, coordinadora da Área de Cultura de Afundación, «un amplo abano de actividades en Afundación teñen como obxectivo fomentar a concienciación para o coidado do medio ambiente. Algúns exemplos son Naturnova, o noso Centro de Educación Medioambiental, as obras de teatro, obradoiros de artes plásticas e robótica, accións de intervención directa no territorio e, por suposto, exposicións coma esta que hoxe presentamos».  Todas estas propostas, engade, «contribúen ao compromiso da Obra Social de ABANCA para impulsar a cultura e a educación como medios necesarios para acadar unha sociedade mellor e máis formada. A educación en valores, que é un eixo transversal a toda a entidade, ocupa un lugar preeminente na Área de Cultura na que dedicamos os nosos recursos e proxectos a fomentar o coñecemento, o sentido crítico, a sensibilidade social e, en definitiva, favorecer o desenvolvemento de persoas comprometidas e responsables».

EMOCIÓNS

As imaxes da mostra «Miña nai! Maternidades e crías no mundo animal» introducen ao público aos singulares mecanismos que cada especie desenvolve para concibir, protexer e alimentar as súas crías apelando ás emocións das persoas que contemplan as fotografías. A maternidade  e a inevitable visión antropomórfica coas que os seres humanos a perciben tamén cando se refire a animais, sinala González Sitges no texto introdutorio da exposición, facilita a empatía «coas demais especies».

A mostra permítelle a quen a visita comprobar coma as nais -«pedra angular da vida», escribe González Sitges-, «adoptan mecanismos tan diferentes como orixinais» para sacar adiante ás súas crías. En palabras do comisario da exposición, «coñecendo as nais doutras especies, vendo o seu exemplo, podemos chegar a entender que hai un impulso universal ao que tamén a nosa especie está suxeita; unha forza que impón que toda decisión é lícita se o resultado é asegurarlles un futuro ás crías».

Hai nais que transportan as súas crías en bolsas, coma é o caso dos marsupiais, por exemplo; e tamén hai casos, coma o das xacanas, nos que a femia decide entregarlle a cría á parella para que sexa esta quen as coide. Tamén hai nais que disfrazan as crías para que pasen desapercibidas, como as píllaras cos seus ovos. No caso dos elefantes, os coidados compártense con irmás e tías.

VISITAS GUIADAS E PROGRAMAS DIDÁCTICOS

A mostra abrirase esta tarde ao público cunha visita guiada do comisario, ás 19.00 h. A partir de aí, o equipo da área educativa de Afundación, deseñou un completo programa de visitas guiadas para todos os públicos, sen custe, previa inscrición en Ataquilla.com. Celebraranse os días 5 e 26 de marzo,  9 e 23 de abril, 7 e 21 de maio, 4 e 18 de xuño. Serán, en todos os casos, ás 19 horas.

Para facer máis accesible esta exposición e o seu contido tamén ao colectivo escolar, con fin de empoderar aos máis novos como axentes do cambio, Afundación deseñou un amplo programa de actividades didácticas e talleres adaptadas ás diferentes idades, para as que xa reservaron praza máis de 1.000 escolares de Vigo e comarca.

A exposición é parte tamén do programa «Cultura por alimentos», de Afundación en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). Os visitantes poderán acudir con produtos non perecedoiros e depositalos na propia sala de exposicións para a súa distribución a través do Banco de alimentos de Vigo.

 

Hai imaxes dispoñibles nesta ligazón

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078