• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación inaugura, en colaboración con ABANCA, «Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote» no Barco de Valdeorras
Sala de prensa
Afundación inaugura, en colaboración con ABANCA, «Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote» no Barco de Valdeorras

Afundación inaugura, en colaboración con ABANCA, «Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote» no Barco de Valdeorras

luns, 19 de xaneiro de 2026
Cultura

ABANCA, Afundación e o Concello do Barco de Valdeorras inauguraron o hoxe a exposición «Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote», nun acto na Sala ABANCA do Barco de Valdeorras e que contou coa presenza de Aurentino Alonso Araújo, alcalde do concello do Barco de Valdeorras; Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura de O Barco de Valdeorras; Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo. Organizada en colaboración coa Fundación Antonio Mingote, esta mostra percorre a historia da arte a través da mirada do aplaudido debuxante.

 

As imaxes están dispoñibles aquí.

 

«Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote»

Desde que con tan só 13 anos publicara o seu primeiro debuxo en Gente Menuda, a súa traxectoria e éxito foron imparables. En 1946 empezou a colaborar como debuxante en La Codorniz, onde permaneceu ata 1953. Posteriormente incorporouse ao diario ABC, no que estivo debuxando durante máis de cincuenta anos ata o momento da súa morte. Tamén colaborou con numerosos medios escritos como The New York Times, The Daily Telegraph, Blanco y Negro, Semana, Ínsula ou Interviú.

Compaxinou o seu labor de debuxante co de xornalista e novelista e chegou a publicar máis de corenta obras, ademais de participar en pezas de teatro, cine e televisión. A súa extensa traxectoria foi recoñecida con innumerables premios e distincións, entre os que destaca, por exemplo, o mérito de ser o primeiro debuxante en formar parte da Real Academia Española (RAE). Recibiu a Cruz de Caballero de la Orden de Isabel la Católica, o Premio Nacional de Periodismo en 1980, a Medalla de Oro del Ayuntamiento de Madrid en 1995, a Medalla de Oro ao Mérito no Traballo en 1996, os doutoramentos honoris causa polas universidades de Alcalá de Henares e Rey Juan Carlos e, incluso, os recoñecementos como Alcalde Honorario do Parque de El Retiro en 1982 e como Cartero Honorario de España en 1998, entre outros moitos. Poderase visitar desde 16 de xaneiro ata o 22 de febreiro na Sala ABANCA do Barco de Valdeorras. O horario será os venres de 18.00 a 20.30 h, os sábados de 12.00 a 14.00 h e de 18.00 h a 20.30 h, e polas mañás, os grupos e colectivos, con previa reserva. 

Esta exposición é parte do proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078