• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación celebra na súa sede da Coruña a sexta edición do ciclo solidario Butaca de Jazz
Sala de prensa
Afundación celebra na súa sede da Coruña a sexta edición do ciclo solidario Butaca de Jazz

Afundación celebra na súa sede da Coruña a sexta edición do ciclo solidario Butaca de Jazz

luns, 27 de outubro de 2025
Cultura

A música e a solidariedade volverán darse a man neste mes de novembro coa sexta edición do ciclo de Afundación Butaca de Jazz. Son tres os concertos que integran este ano o programa: Juzz, a banda liderada polo guitarrista galego Virxilio da Silva, inaugura Butaca de Jazz o domingo 9 de novembro. Na seguinte fin de semana, o sábado 15, será o pianista, compositor e filósofo Pablo Seoane quen compareza ante o público en concerto. O Carmen Vela Quartet encargarase, xa o sábado  22 de novembro, de pechar o ciclo, que foi presentado esta mañá na Sede de Afundación na Coruña e que un ano máis acollerá os concertos. As entradas e os abonos para Butaca de Jazz levan días á venda en Ataquilla.com e están tendo unha moi boa acollida: as butacas comezan a escasear.

«Traballando en equipo co Banco de Alimentos Provincia da Coruña, estamos conseguindo consolidar esta cita», sinalou durante a presentación a coordinadora da Sede de Afundación na Coruña, Beatriz Aler. No encontro cos medios de comunicación para presentar Butaca de Jazz tamén participaron os músicos Pablo Seoane e Virxilio da Silva, de Juzz, que aseguraron que «é unha marabilla contar con ciclos coma este e con institucións que aposten por manifestacións artísticas menos comerciais». Pola súa banda, a produtora Inés Portela, de Mada Producións e directora artística do festival, amosouse satisfeita «por continuar co espírito co que naceu este ciclo, con propostas moi variadas e de moita calidade». Finalmente, o presidente do Banco de Alimentos Provincia da Coruña, Manuel Mora, agradeceu esta colaboración un ano máis, «estamos nunha época do ano na que non recibimos grandes doazóns, polo que contar cun evento coma este é unha grande axuda».

Ademais da cantidade en metálico que se obtén pola venda de entradas, Butaca de Jazz ten entre os seus obxectivos recadar alimentos. Na Sede de Afundación hai contedores nos que as persoas que asistan aos concertos poderán deixar produtos non perecedoiros. O ciclo forma parte do programa «Cultura por alimentos», promovido pola Obra Social de ABANCA e a Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). Desde o seu inicio, o programa mobilizou 84 toneladas de alimentos recadados en eventos culturais que se celebran en toda Galicia.

Os concertos de «Butaca de Jazz»

Juzz. Domingo 9 de novembro. 20 horas. A banda do guitarrista Virxilio da Silva será a encargada de dar o primeiro dos concertos e presentará por primeira vez o seu novo disco. Juzz constrúe o seu repertorio, e os seus directos, sumando influencias que van dende o rock máis psicodélico e acedo de finais dos sesenta até o jazz, pasando polo pop avant-garde máis experimental, o noise ou o stoner rock.  Aseguran, dende Juzz, que teñen por máxima «a procura da liberdade» estilística e por aspiración a «esencia subversiva» da música.

Canda Virxilio da Silva, completan Juzz os músicos Rosolino Marinello (saxo tenor), Álex Salgueiro (órgano Hammond), Xan Campos (Rhodes), Felix Barth (baixo eléctrico) e Iago Fernández.

Pablo Seoane. Sábado 15 de novembro. 20 horas. O ferrolán Pablo Seoane presentarase ante o público de Butaca de Jazz. Compositor, pianista e doutor en filosofía, Seoane leva arredor de tres décadas construíndo unha sólida traxectoria jazzística, en particular, e cultural, en xeral. Os seus concertos son sorprendentes viaxes sonoras construídas arredor da depurada técnica de Seoane que parten da elegancia clásica do jazz para construír unha sorprendente e emocionante experiencia musical.

Carmen Vela Quartet. Sábado 22 de novembro. 20 horas. A frautista Carmen Vela e o seu cuarteto chegarán á Sede de Afundación para protagonizar o último dos concertos de Butaca de Jazz. Construirán a súa participación sobre o seu último traballo discográfico, En Continuo.

Con sonoridade jazzera e algunhas chiscadelas ao swing ou ao jazz latino máis clásico, a música de Vela ten unha sonoridade propia que camiña entre os sons máis contundentes e a textura da madeira. Afundación organiza o concerto de Carmen Vela Quartet no ciclo Butaca de Jazz en colaboración coa Plataforma Jazz España, a asociación sen ánimo de lucro que reúne a festivais, programadoras e programadores e feiras de jazz de toda España.

 

 

Imaxes nesta ligazón

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078