• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • UIE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite [email protected]
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación asume o reto de explorar as posibilidades da intelixencia artificial con "AI: More than Human"
Sala de prensa
Afundación asume o reto de explorar as posibilidades da intelixencia artificial con "AI: More than Human"

Afundación asume o reto de explorar as posibilidades da intelixencia artificial con "AI: More than Human"

martes, 21 de xuño de 2022
Cultura

21.06.2022. Afundación, a Obra Social de ABANCA,  presenta AI: More than Human, un ambicioso proxecto expositivo inmersivo e interactivo sobre intelixencia artificial. Cunha impoñente montaxe que ocupará todo o edificio, AI: More than Human configura un estudo sen precedentes dos avances tanto creativos como científicos da intelixencia artificial, así como da evolución da relación entre os seres humanos e a tecnoloxía.

 

Mediante instalacións artísticas inmersivas, a exposición ofrece aos visitantes a oportunidade de interactuar coas pezas expostas para, desta maneira, experimentar as posibilidades da intelixencia artificial de primeira man.

 

As imaxes e vídeos dos elementos que se poderán ver na exposición están dispoñibles AQUÍ

A mostra realiza un percorrido completo a través da historia da Intelixencia Artificial, desde as súas ancestrais orixes ancoradas na relixión sintoísta xaponesa ou no mito xudeu do Golem, pasando polos primeiros experimentos informáticos de Ada Lovelace e Charles Babbage, ou os importantes avances realizados durante a década de 1940 e ata a actualidade. Para iso, AI: More than Human reúne algúns dos proxectos de investigación actuais máis destacados, realizados por institucións como o Massachussets Institute of Technology (MIT), Sony Computer Science Laboratories, Google Research, o Departamento de Informática de Imperial College de Londres ou DeepMind Technologies, con instalacións artísticas que exploran as posibilidades creativas da IA nas súas obras, como o músico Kode9, ou o galardoado artista tecnolóxico Yoichi Ochiai entre outros.

A presentación do proxecto tivo lugar esta mañá na Sede Afundación da Coruña cun acto que contou coa presenza do presidente de Afundación e reitor de UIE, Miguel Ángel Escotet e a comisaria da exposición na Coruña, Alba Meijide.

Na súa intervención, Miguel Ángel Escotet definiu AI: More than human como «un proxecto totalmente aliñado coas nosas entidades porque é innovador, multidisciplinar e orientado ao futuro. En concreto a UIE estreará para este vindeiro curso 2022-2023 o seu Grao de Enxeñería en Sistemas Intelixentes totalmente en liña co que nos depara o futuro e con esta proposta expositiva que hoxe anunciamos».

Tamén destacou a importancia de que sexa exposto en Galicia, xa que «a sociedade galega posúe un gran potencial para a intelixencia artificial e o seu ecosistema tecnolóxico acadou, nos últimos anos, unha gran madurez, ambas as dúas vantaxes decisivas para concursar na candidatura para albergar a Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial. Traemos a Galicia AI: More than human en parte como mostra de apoio a esta proposta, tamén como exemplo de que Galicia pode achegar un diferencial de vangarda á comunidade nacional e internacional».

Pola súa banda, Alba Meijide, comisaria da mostra na Coruña, fixo un percorrido polo que se poderá ver na Sede Afundación a partires do mes de setembro e destacou que o mellor e máis bonito que ten esta exposición é que calquera tipo de público pode gozar dela, desde alguén que non teña ningún coñecemento de intelixencia artificial ata quen teña un background máis tecnolóxico, sobre todo polo carácter interactivo que ten».

O PROXECTO AI: MORE THAN HUMAN

AI: More than Human, desenvolvida en colaboración con ILUX Visual Technologies, estará organizada en catro seccións, The Dream of AI, a historia das distintas civilizacións e a súa relación coa creación de vida artificial; Mind Machines, un percorrido histórico desde as primeiras máquinas calculadoras ata a actualidade; Data Worlds, na que se expoñerá a vertente ética da aplicación da IA; e Endless Evolution, unha sección que explora o campo da vida artificial (A-life) e como aplicala á evolución humana. Deste xeito abordarase o tema desde diferentes perspectivas, permitindo aos visitantes interactuar directamente coa intelixencia artificial, pero tamén expoñendo cuestións éticas acerca da súa aplicación na vida real tales como se a IA afectará a nosa privacidade ou a veracidade da información que consumimos, se mediante esta tecnoloxía amplificaremos os nosos rumbos e prexuízos ou quen será o responsable dos fallos que cometa. En palabras de Luke Kemp, codirector de Barbican International Enterprises: «A intelixencia artificial segue sendo un campo de descubrimento apaixonante e cheo de enerxía, tanto no ámbito científico como no tecnolóxico e o creativo. Este fenómeno en continuo desenvolvemento, convídanos a reflexionar sobre o noso lugar no mundo e o tipo de mundo que queremos crear. Ao longo da exposición, un gran número de atractivas mostras trazan o progreso deste tema, o que fará as delicias dos curiosos de todas as idades. Esperamos que esta exposición inspire e fomente o debate e a discusión sobre este fascinante tema».

 

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • UIE
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078