• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias ABANCA, Afundación e o Concello do Carballiño asinan un convenio de colaboración para mostrar a exposición «Comedy Wildlife»
Sala de prensa
ABANCA, Afundación e o Concello do Carballiño asinan un convenio de colaboración para mostrar a exposición «Comedy Wildlife»

ABANCA, Afundación e o Concello do Carballiño asinan un convenio de colaboración para mostrar a exposición «Comedy Wildlife»

venres, 10 de xullo de 2026
Cultura

O Concello do Carballiño, ABANCA e Afundación asinaron hoxe un convenio de colaboración no marco do proxecto «Corrente cultural» para levar á vila a exposición de rúa «Comedy Wildlife». O acto de sinatura contou coa asistencia do alcalde, José Rafael Castro-Gil Seijas; o coordinador institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso Sanromán; e a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano. A mostra poderase visitar na Praza de Emilia Pardo Bazán (Praza dás Galiñas) do 23 de xullo ao 16 de agosto.

Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

Imaxes da sinatura AQUÍ

LA EXPOSICIÓN «COMEDY WILDLIFE»

As 16 imaxes que articulan «Comedy Wildlife» resultaron distinguidas entre 2015 e 2024 como as mellores instantáneas de animais feitas en clave de diversión e humor polo galardón The Comedy Wildlife Photography Awards. Agora chega na súa versión de rúa tras abarrotar nos últimos anos museos e centros de exposicións dos Países Baixos, Inglaterra, Portugal ou Canadá, e despois do seu exitoso paso polos centros de Afundación en Galicia. Sobre a base do seu compromiso coa implicación social e o coidado do medio ambiente, a Obra Social de ABANCA presenta esta nova proposta expositiva no marco dunha programación variada, dinámica e innovadora para todos os públicos e de amplo alcance xeográfico.

Nos últimos tempos, a fraxilidade dos nosos ecosistemas e das súas especies esperta unha crecente preocupación medioambiental que xerou multitude de reaccións, e tamén unha ineludible onda de mensaxes derrotistas. A miúdo estes resultan contraproducentes, ao provocar unha clara reacción de rexeitamento ou mesmo evasiva que busca minimizar esa angustia ―ecoansiedade― que produce enfrontarse a un asunto de tales dimensións. «Comedy Wildlife» é unha exposición que cativa a toda a familia ao utilizar o humor e a sorpresa como unha forma efectiva de involucrar ao público e facer unha chamada de atención mediante a empatía que sentimos con estas imaxes. Así, as instantáneas seleccionadas que se presentan mostran, nas posicións e momentos máis divertidos, a animais como tartarugas, mapaches ou pingüíns.

Asegura o cofundador dos premios «The Comedy Wildlife», o fotógrafo especializado na natureza Paul Joynson-Hicks, que «as cuestións de conservación e sustentabilidade da vida silvestre están a gañar impulso a nivel mundial, pero as mensaxes e as imaxes tenden a ser negativos, deprimentes e enervantes». E que por iso se animou, xunto aos fotógrafos de natureza Tom Sullam e Michelle Wood, a crear estes galardóns. Desde 2015, premian as imaxes máis divertidas de animais tomadas nun mundo «extraordinariamente belo e interconectado».

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078