• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias ABANCA, Afundación e o Concello de Baiona presentan a mostra de rúa «Rostros das coleccións de ABANCA e Afundación»
Sala de prensa
ABANCA, Afundación e o Concello de Baiona presentan a mostra de rúa «Rostros das coleccións de ABANCA e Afundación»

ABANCA, Afundación e o Concello de Baiona presentan a mostra de rúa «Rostros das coleccións de ABANCA e Afundación»

mércores, 01 de xullo de 2026
Cultura

O Concello de Baiona, ABANCA e Afundación presentan a mostra de rúa «Rostros das coleccións de ABANCA e Afundación». O acto de inauguración tivo lugar esta mañá na Alameda Carabela Pinta e contou coa asistencia de Jesús Vázquez Almuíña, alcalde de Baiona; José Luis Romero Quiroga, coordinador institucional de ABANCA en Pontevedra; e a responsable da Área Didáctica de Afundación, Carmen Pérez Larrán. A mostra poderase visitar Alameda Carabela Pinta ata o vindeiro 26 de xullo.

As imaxes están dispoñibles aquí.

A exposición «Rostros das coleccións de ABANCA e Afundación»

Chamamos retrato á imaxe dunha persoa reproducida en pintura, escultura, debuxo ou fotografía, que describe a apariencia e o carácter do individuo representado. Ao longo da historia da arte, o retrato foi un dos xéneros de maior prestixio, cuxo interese radica en que non só se trata dunha representación do individuo, senón que tamén nos fala das diferentes épocas históricas, os seus códigos e os seus signos de identidade. Hoxe en día, as imaxes de rostros enchen as nosas pantallas, dende as redes sociais ata as campañas publicitarias, e reflicten a nosa sociedade globalizada e conectada. Os selfies da era dixital democratizan a arte do autorretrato xogando un importante papel na construción da identidades persoais e colectivas.

Esta mostra invita explorar as diferentes interpretacións que os artistas fixeron (e fan) deste xénero, a afondar nos recordos das xentes que evocan, nas sensacións que transmiten e nas novas fórmulas que se foron introducindo desde finais do século XIX ata os nosos días, ao compás dos movementos artísticos que se van sucedendo. Unha selección de obras galegas pertencentes ás Coleccións de Arte ABANCA e Afundación de artistas como Sotomayor, Ramón Caamaño, Julia Minguillón, María Antonia Dans, Segura Torrella, Maruja Mallo, Laxeiro ou Luís Seoane, entre outros.

Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078