A aventura de aburrirse, para escolares, no Auditorio Teatro Afundación
Un total de 856 escolares, de primeiro e segundo de primaria, de 13 centros de Santiago de Compostela e comarca desfrutarán de A aventura de aburrirse os días 28 e 29 de novembro, en dúas funcións ás 10.00 h e ás 12.00 h o primeiro día, e unha función ás 10.00 h o segundo, no Auditorio Teatro Afundación.
A aventura de aburrirse, de L’Estaquirot Teatre, falará sobre a motivación da creatividade e como facer reflexionar sobre a xestión do tempo aos máis pequenos. Rita é unha nena que, a pesar de ter moitos xoguetes, sempre anda aburrida e non sabe xogar soa. Un día en casa da súa avoa, cun simple parruliño de goma, comeza unha aventura que a levará a viaxar coa imaxinación ao mundo das colores, descubrindo personaxes sorprendentes.