Desde Afundación, como entidade de acción voluntaria rexistrada, programamos actividades de voluntariado para profesionais de Afundación e de ABANCA que desexan compartir o seu tempo libre contribuíndo a unha causa maior.
O noso programa de voluntariado desenvólvese naqueles lugares onde temos presenza como entidade. É o camiño no que converxen os desexos da cidadanía para deixar no mundo unha pegada positiva.
Apoiamos, así mesmo, a Axenda 2030 do Desenvolvemento Sostible impulsada pola ONU. Neste sentido, poñemos en marcha iniciativas encamiñadas a promover a sustentabilidade como motor do cambio cara a un mundo máis responsable.
Traballamos para afrontar os retos que se nos expoñen como comunidade en tres liñas de actuación:
- Voluntariado medioambiental
- Voluntariado educativo
- Voluntariado social