Román García Pastur
Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade da Coruña, Román García Pastur é funcionario de carreira desde 2004 no Corpo Superior da Escala de Finanzas da Xunta de Galicia (Grupo A1).
Comezou a súa traxectoria na Delegación Territorial de Vigo como técnico tributario (2004-2006), para posteriormente incorporarse á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, onde exerceu sucesivamente como Xefe de Servizo de Análise Financeira (2006-2013), Xefe de Servizo de Control e Supervisión de Entidades Financeiras (2013-2014) e Xefe de Servizo de Planificación Financeira (2014-2018).
En 2018 asumiu a Xefatura de Equipo en ATRIIGA e, pouco despois, regresou á Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e FE, desempeñándose como Subdirector Xeral de Planificación e Operacións Financeiras (2018-2022) e Subdirector Xeral de Planificación e Operacións Financeiras, Entidades Financeiras e Corporacións Locais (2022-2024). Desde 2024 ocupa o cargo de Subdirector Xeral de Política Financeira na Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro.