Raúl Velloso Lago
Raúl Velloso é un destacado pintor influenciado pola obra de Antoni Gaudí e apadriñado por Antoni Tàpies. Expuxo a súa obra en máis de sesenta países e en catro continentes. A súa traxectoria artística inclúe non só a pintura, senón tamén incursións no deseño de moda e a colaboración en proxectos de gran relevancia, como a “Torre de Hércules, patrimonio da Unesco”.
Ademais da súa labor artística, desempeñouse como delineante de construción e urbanismo. Ten o seu taller en Cangas e realizou estudos en Madrid e Miami. É autor da colección de Románico Lombardo e participou en diversas iniciativas vinculadas a fundacións altruístas e organismos de axuda á infancia.
