Manuel Quintana Martelo
Pintor, gravador e escultor, Manuel Quintana Martelo desenvolveu unha prolífica carreira artística con numerosas exposicións en prestixiosos museos e fundacións, como o Museo de Arte Contemporánea de Ibiza, o Museo de Arte Moderno de Tarragona, o Museo Nacional de Santo Domingo e o Centro Galego de Arte Contemporánea. A súa obra foi exhibida internacionalmente en feiras de arte como ARCO (Madrid), SAGA (París), Art Miami e Berliner Liste (Berlín), entre moitas outras.
Os seus traballos formaron parte de exposicións individuais e colectivas en galerías de Barcelona, Madrid, Nova York, Oporto, Panamá, Caracas, Vigo, A Coruña e Sevilla, entre outras cidades.
A obra de Quintana Martelo está presente en numerosas coleccións públicas e privadas, como a Colección ABANCA, o Centro Galego de Arte Contemporánea, o Museo MARCO de Vigo, o Museo de Belas Artes de Bilbao e Afundación.
