Camilo Ríos Gestal
Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1999, é funcionario do Corpo Superior da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia desde 2009.
Iniciou a súa traxectoria profesional no ano 2000 como técnico no programa de emprendemento e creación de empresas da Universidade de Santiago de Compostela. En 2009 incorporouse á Xunta de Galicia, desempeñando distintos cargos na Consellería de Traballo e Benestar, con responsabilidades en xestión económica, coordinación administrativa e contratación.
Desde 2015 ocupa un posto de nivel de subdirección na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade, onde se encarga da coordinación e apoio na dirección e xestión das competencias do departamento.
