

Alberga unha colección de 983 obras (ata o momento) ordenada en 6 grandes grupos: C-AM (cómics americanos), C-EU (cómics europeos), C-ES (cómics españois e hispanoamericanos), C-MAN (mangas/cómics asiáticos), C-T (teoría do cómic) e C-REV (publicacións periódicas/seriadas/revistas).
O devandito fondo abrangue grandes clásicos, tanto mundiais (Krazy Kat, de George Herriman) como españois (Paracuellos, de Carlos Giménez), e obras de actualidade, algunhas delas engadidas á colección mesmo antes de saíren á venda.