Desde o ano 2003, en Naturnova, o Centro interactivo de Educación Ambiental de Afundación, situado en Vigo, achegamos á cidadanía o coñecemento do medio ambiente e as curiosidades da natureza de forma lúdica, dinámica e participativa.
Cando visites Naturnova poderás explorar o universo, o noso planeta, o ser humano e o seu medio dunha forma activa a través de módulos interactivos e didácticos: xogos de computador, imaxes virtuais, obxectos, cheiros, recreación de ambientes, mapas...
O obxectivo do centro Naturnova é facerte reflexionar sobre cal é o noso papel na conservación e mellora da nosa contorna e a importancia de evitar a súa degradación, analizando os problemas do noso planeta e fomentando a implicación da cidadanía na procura de solucións.
Goza da visita virtual.
Agora podes acceder ao centro NATURNOVA colaborando co noso programa CULTURA POR ALIMENTOS, unha iniciativa solidaria a favor de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) a través da que poderás doar alimentos non perecedoiros, depositándoos á entrada do edificio.
Entra aquí e infórmate.
Máis información en naturnova.afundacion.org
Características
O centro Naturnova está formado por 3 salas distribuídas noutros tantos niveis: O Universo, O noso Planeta e O Ser Humano e o seu Medio.
- O Universo: Comezamos o percorrido cunha visión do Universo, a nosa Galaxia e o Sistema Solar para coñecermos a posición dos planetas nunha data determinada, descubrirmos onde nacen as estrelas ou crearmos un planeta habitable.
- O Planeta: Centramos a segunda sala no planeta en que vivimos, facendo referencia aos distintos medios que sustentan a vida —solo, auga e aire— e aos seres que os habitan. Aquí poderás crear un tornado, comprobar como sería a Terra se nela non existise auga, localizar rochas nun mapa de Galicia e ver as relacións que establecen os seres vivos entre si e co medio, ademais poderás gozar de Galicia desde unha nueva perspectiva.
- O Ser Humano e o seu Medio: Dedicamos o último espazo expositivo á relación que o ser humano ten co medio que lle rodea. Poderás facer funcionar un tren con enerxía solar e descubrir diferentes cheiros de contaminacións. Tamén poderás comprobar o que sucede cando agredimos ao medio, así como ver as medidas que se poden aplicar para evitar a súa degradación, como a recollida selectiva de residuos.
Consta de 40 módulos interactivos que che permiten encontrar respostas para as dúbidas e cuestións que estes suscitan. Cada un deles ten un cartel explicativo do contido e, cando é necesario, uns carteis coas instrucións de uso.
Os computadores manéxanse mediante un rato de bóla que se usa para seleccionar a opción desexada e un pulsador que confirma a nosa elección. Os botóns serven para escoller directamente o que queremos ver.
Servizos
Visitas para escolares con reserva previa
RESERVA DE PRAZAS
Todos os centros educativos poden solicitarnos ou reservar unha visita a Naturnova por calquera destas vías:
- Internet: enche os datos a través da ligazón escolares.afundacion.org, selecciona día e hora e marca Reservar. A túa petición quedará confirmada automaticamente.
- Correo electrónico: enche os datos do documento INSCRICIÓN, gárdao e envíanolo como arquivo en anexo por correo-e a: naturnova@afundacion.org
- Fax: cubre os datos no documento INSCRICIÓN, imprímeo e envíanolo por fax ao número 986 120 099.
- Correo postal: completa os datos do documento INSCRICIÓN, imprímeo e envíanolo por correo ao seguinte enderezo: Naturnova. Centro Social Afundación (Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo- Pontevedra)
- Teléfono: chámanos a algún dos seguintes teléfonos 986 120 088 ou 986 120 089 e déixanos un número de teléfono de contacto e o teu nome.
CONDICIÓNS DE RESERVA
Para reservares praza a través da aplicación escolares.afundacion.org terás que cubrir todos os campos do formulario e ter en conta o seguinte:
- Debes indicarnos en observacións o nome da actividade que solicitas, se non, consideraremos que é unha visita interactiva
- Ten presente os requisitos de cada actividade indicados no programa de actividades
- Cada centro poderá reservar para tantos grupos como desexe
Para calquera dúbida, ou se desexas outras datas ou horarios distintos dos que aparecen na aplicación, podes chamarnos aos teléfonos: 986 120 088 e 986 120 089, ou contactar connosco no correo-e indicando o nome e número de teléfono dunha persoa de contacto.
VISITA INTERACTIVA
Visita xeral para gozar de forma interactiva por todas as salas de Naturnova e submarino, cunha breve presentación inicial. Esta visita apóiase con material didáctico de procura de información para escolares de terceiro ciclo de primaria e secundaria. Facilitamos este material en Naturnova aínda que tamén o podes descargar na web.
- Dirixido a: escolares a partires de 1º de primaria, secundaria, bacharelato e universidade
- Duración da visita: 90 minutos
- Número de asistentes por grupo: máximo 60 e mínimo 10
- Prezo: 1 € por escolar
- Período de reserva: durante todo o curso académico
Material didáctico: fichas didácticas de 3º a 6º primaria e ESO, que podes consultar e descargar aquí.
Horarios
INVERNO. 1 de outubro a 30 de xuño
Sábados de 17.30 a 20.30 h, entrada libre para público xeral
Martes a venres visitas para centros educativos e outros grupos, previa reserva no 986 120 088
Luns, domingos e festivos, pechado
VERÁN. 1 de xullo a 30 de setembro
Luns a venres, de mañá, visitas para grupos (mínimo 15), previa reserva no 986 120 088
Sábados, domingos e festivos, pechado
Localización
Ver mapa más grande
Contacto