• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Centros

Sede Afundación Vigo

Sede Afundación Vigo
  • Enderezo: Policarpo Sanz, 24 - 26 , Vigo . 36202 , Pontevedra España
  • Información e reservas 986 120 078 .(Javascript debe estar habilitado para ver esta direccion de correo)
Axenda

O edificio, sede da Xerencia de Afundación, foi proxectado en 1879 polo arquitecto Jenaro de la Fuente Domínguez, autor, entre outros, do Hotel Balneario de Mondariz. De estilo eclecticista, loce un virtuoso traballo de cantería e presenta dúas fachadas enlazadas por un chafrán, resaltado con miradoiros de fundición. No remate acentúase a ornamentación, con característicos e variados floreiros. Tradición e vangarda conxugáronse na rehabilitación deste edificio para un novo uso multifuncional. Conta con máis de 13 000 m2 de superficie distribuídos en cinco plantas. 

Na esquina de Velázquez Moreno con Policarpo Sanz, foi promovido entre os anos 1898 e 1902 por Manuel Bárcena, figura destacada de finais do século XIX, quen sendo alcalde da cidade viguesa, fundou a Caixa de Aforros de Vigo e o Monte de Piedade Municipal, o 3 de outubro de 1880.

Antigamente, o edificio era denominado “Sete Casas”, dado que se estruturaba en sete vivendas por andar, como aluguer para familias acomodadas da época. O arquitecto Jenaro de la Fuente ideou este edificio de carácter ecléctico e modernista cunha fachada espectacular que mestura vans e entrepanos.

En 1928, o edificio pasa a ser propiedade da Caixa, que instala alí a súa sede ata 1955, cando se traslada a García Barbón.

En 2001 decídese comezar as obras de restauración (que xa usaba algunhas salas para exposicións) e encárgaselle o proxecto a Alberto de Cominges e Pedro de la Puente, dous arquitectos vigueses. Unha tarefa ardua en que se derrubou a totalidade dos bloques, salvo os muros de fachada e elementos a conservar coma o portal principal, declarado de interese arquitectónico, e que conserva os muros primitivos do edificio (onde está a cabeza de Leiro, o Breogán de Cándido Pazos e, detrás da recepción, un Fernando Casas e un Leopoldo Nóvoa). Tamén se recuperaron os balcóns e balaustradas de forxa e as portas de acceso ao inmoble. Todo iso cunha dificultade engadida, xa que moitos baixos seguían alugados e non se podía acceder a eles. O día 23 de xuño de 2003, inaugúrase cunha cuberta de cobre retranqueada, decoración de aceiro, cristal e madeira de cereixo e a fachada coa alegoría ao comercio, á industria e á agricultura. Consérvanse as fachadas interiores dos antigos bloques.

Actualmente, este edificio de máis de 13.000 m² e cinco plantas, é un espazo multidisciplinar que se converteu nun referente. Ofrecemos o aluguer dos seus espazos a entidades públicas e privadas, así como a organizacións non gobernamentais que desempeñen actividades acordes coa nosa filosofía. Os devanditos espazos dispoñibles para aluguer son: un auditorio, unha sala de conferencias, catro salas de reunións independentes, un salón de recepcións, un xardín cuberto e varias zonas para stands, aulas e salas de exposicións.

 

Accesos

Autobuses. Liñas: C3, CAC, C7, L11, 12B, C4A, C5A, C4B, L8, C5B, 12A, C9A. L17, C9A, C15C. Información da estación de autobuses de Vigo.

Estación de trens Guixar: r/ Areal, s/n Vigo. Información da estación de trens Vigo-Guixar.

Aeroporto: a 17 km de distancia. Información do aeroporto de Peinador.

 

Información e reservas

 

Se che interesa alugar os nosos espazos, ou se tes algunha dúbida, podes contactar connosco no teléfono 986 120 082 ou no enderezo electrónico socioculturales@afundacion.org

 

 

Subvencións do Instituto Enerxético de Galicia a proxectos de Aforro e Eficiencia na industria e servizos ano 2020.
A través desta convocatoria do Instituto Enerxético de Galicia, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código IN417E), renovamos os equipos de climatización da nosa sede de Vigo por uns máis eficientes en enerxía e con menor consumo eléctrico. Esta iniciativa é parte do noso compromiso coa sustentabilidade e o coidado do medio ambiente. 

 

Espazos e Salas disponibles

  • Auditorio

  • Aula de cociña

  • Aulas

  • Espazo colección

  • Foyer

  • Xardín / Salón de recepcións

  • Aula 4ª planta B

  • Sala de conferencias

  • Salas de reunións

  • Salas de exposicións

  • Horarios
  • Localización

Horarios

Segundo espectáculo

Localización


Ver mapa más grande

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078