A sede conta con tres salas de exposicións de diferente perfil, e a súa programación tamén responde a procedementos diferentes:
- Sala de exposición do 1º Andar: Habitualmente adicada á nosa Colección Permanente presenta unha superficie de 600 *m2 e 220 metros lineais, preparados para acoller obras de arte ao máis alto nivel.
- Sala de exposicións I (acceso por Policarpo Sanz, 26): 60 metros lineais. Dispoñible para a organización de exposicións, feiras ou eventos.
- Sala de exposicións II (acceso por Velázquez Moreno, 18): 35 metros lineais. Dispoñible para a organización de exposicións, feiras ou eventos.