• FESTIVAL ARTES ESCÉNICAS SPECIAL OLYMPICS GALICIA, en Santiago de Compostela

    FESTIVAL ARTES ESCÉNICAS SPECIAL OLYMPICS GALICIA, en Santiago de Compostela

    A Asociación ASPADEZA trae ao festival Special Olympics un serán cheo de arte. O próximo 7 de maio, Santiago de Compostela será o escenario de catro actuacións que combinan percusión, teatro, baile e vídeo, protagonizadas polos usuarios e usuarias da entidade. Unha cita imprescindible para celebrar o talento e a creatividade de todas as persoas que forman parte de ASPADEZA.