Xuño na Biblioteca Infantil Afundación. Santiago de Compostela
EXPOSICIÓNS BIBLIOGRÁFICAS
Libros para días de sol
Aquí che amosamos as lecturas máis frescas e refrescantes de toda a Biblioteca, para que teñas un adianto de todas as cousas boas que che esperan no verán: aventuras, viaxes, troula e todo un mundo fantástico e marabilloso por descubrir. A que esperas a abrir a primeira páxina?
OBRADOIROS E ACTIVIDADES
HORA DO CONTO. Martes 5 ás 18.30 h sesión de contacontos para os máis cativos. Celebraremos o Día Mundial do Medio Ambiente acompañando o conto cun obradoiro moi interesante.
OBRADOIROS DE DINAMIZACIÓN LECTORA
Venres 1: Obradoiro matemático: Xogando con fractais: Construímos un caleidoscopio.
Luns 4: Obradoiro de educación emocional: Gustámonos!
Mércores 6: Obradoiro de educación financeira: Reciclamos coa música.
Xoves 7: Obradoiro de expresión plástica: Mirando dende outras cores.
Venres 8: Obradoiro de educación ambiental: Vivindo nos mares.
HORARIO DE VERÁN MES DE XUÑO/XULLO: Do 22 de xuño ao 11 de xullo: luns a venres de 10.00 h a 14.00 h
MES DE SETEMBRO: Do 3 ao 10, luns a venres de 10.00 h a 14.00 h. A partir do 11 de setembro, luns a venres de 16.30 h a 20.30 h.
OS SÁBADOS DOS MESES DE XUÑO, XULLO E SETEMBRO A BIBLIOTECA PERMANECERÁ PECHADA.
ACTIVIDADES DO CONCELLO (Información no propio centro)
TEATRO Todos os luns a partir das 18.00 h
VENRES EN FAMILIA A partir das 18.00 h
Todos os luns, martes e mércores reúnense aquí na Biblioteca un grupo de voluntari@s de Asdegal para realizar tarefas de apoio escolar. Unha iniciativa para aplaudir!
Non esquezas que polos libros que se entreguen con demora aplicamos unha “penalización solidaria”, pola que terías que entregar alimentos non perecedeiros para o Banco de Alimentos de Santiago de Compostela, contribuíndo deste xeito a crear un mundo máis concienciado, responsable e solidario.