Encontros e concertos Marcas & Música. A Coruña
Algunha vez quixeches saber como funcionan as marcas dentro da industria musical? Cales son os seus obxectivos? O que necesitas facer para que a túa empresa, festival ou grupo poida participar dos seus ciclos ou eventos? Acreativa Talks tráeche o apartado Marcas & Música, encontros coas principais marcas do sector para que debullen a súa estratexia, presenten os seus novos proxectos e che dean os puntos clave para descubrires como achegarte a elas. Ademais, suxestivos concertos para completar o plan.
Dirección, Produción e Execución: Acreativa (Afundación)
Sábado 3 Novembro SON Estrella Galicia presenta «10 anos de SON EG». Auditorio 20.30 h
Concerto Joel Sarakula. Sala Multiusos 22.00 h. (Prohibida a entrada a menores de 18 anos).
Entrada exclusiva por invitación. (Descarga a túa en Ataquilla.com).
Xoves 8 Novembro Jägermeister «Pasado, Presente e Futuro». Auditorio 20.30 h
Concerto D’Valentina. Sala Multiusos 22.00 h. (Prohibida a entrada a menores de 18 anos).
Entrada exclusiva por invitación (descarga a túa en Ataquilla.com)
Venres 16 Novembro «10 anos de American Autumn» con David Pedrouzo (Director)
Concerto Madison McFerrin (Acceso permitido a menores de 16 a 18 con autorización asinada e acompañad@s dunha persoa adulta).
Encontro + concerto, 10 €. Limitado a 50 entradas. Hall 20.30 h
Concerto 10 € anticipada, 13 € billeteira. Sala Multiusos 22.00 h