• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Temporada de Abonos de TEATRO Afundación. XAN - MAI 2025, en Pontevedra e Vigo

Cultura Teatro Xeral De pago
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Temporada de Abonos de TEATRO Afundación. XAN - MAI 2025, en Pontevedra e Vigo
  • 15-11-2024 31-05-2025 Temporada de Abonos de TEATRO Afundación. XAN - MAI 2025, en Pontevedra e Vigo Estreamos nova tempada sobre os escenarios, á venda a partir do 9 de decembro online, e na billeteira o 16 de decembro Teatro Afundación Vigo Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra)//Sede Afundación Pontevedra Augusto González Besada, 2. Pontevedra (Pontevedra) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Teatro Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra)


    Sede Afundación Pontevedra

    Augusto González Besada, 2. Pontevedra (Pontevedra)

  • Datas:

    Renovación de abonos 9 a 16 DEC 2024

    Venda xeral a partir 17 DEC 2024

  • Entrada:

    De pago
  • Modalidade:

    Presencial
Mercar

RENOVACIÓN DE ABONOS

Se te abonaches á última tempada, agora podes renovar o teu abono e reservar as mesmas butacas, de xeito online ou fisicamente:

• Online, a través da ligazón que recibirás no teu correo-e, do 9 ao 15 de decembro.
• Ou na billeteira do Teatro Afundación Vigo (Rúa Marqués de Valladares, s/n) ou na Sede Afundación Pontevedra (Augusto González Besada, 2), o día 16 de decembro, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 h.

 
VENDA XERAL DE ABONOS
Online en www.ataquilla.com do 17 de decembro ao 6 de xaneiro 2025 para Vigo ou ao 17 de xaneiro 2025 para Pontevedra.

 
VENDA DE ENTRADAS SEN ABONO
Online en www.ataquilla.com ou fisicamente na Sede Afundación Vigo (Policarpo Sanz, 26), a partir do 7 de xaneiro 2025 para Vigo, e tamén online ou na Sede Afundación Pontevedra a partir do 20 de xaneiro 2025 para Pontevedra.

 
Máis información no 986 12 00 78

 
OBRAS

Teatro Afundación Vigo

LA COLECCIÓN | xoves 23 XAN | 20.30 h
LA GRAMÁTICA | xoves 30 XAN | 20.30 h
LA REINA DE LA BELLEZA DE LEENANE | xoves 20 FEB | 20.30 h
UNA MADRE DE PELÍCULA | domingo 9 MAR | 19.30 h
LA REGENTA | xoves 10 ABR | 20.30 h
MALDITOS TACONES | xoves 29 MAI | 20.30 h
EL REY QUE FUE. ELS JOGLARS | xoves 5 XUÑ | 20.30 h

 

Sede Afundación Pontevedra

LA REINA DE LA BELLEZA DE LEENANE | venres 21 FEB | 20.30 h
EL REY QUE FUE. ELS JOGLARS | venres 6 XUÑ | 20.30 h

 

Todos os abonos teñen un 20 % de desconto con respecto ao prezo do billete.*
* Gastos de xestión á parte

 
Outras bonificacións e descontos xerais


• Persoas mozas: carné xove
• Maiores de 65: carné de xubilación
• Persoas desempregadas: carné correspondente
Aplicarase un desconto adicional do 10 % con respecto ao prezo do abono.

A programación poderá estar suxeita a cambios.
A duración das obras é aproximada.

 

Esta tempada enmárcase en Cultura por alimentos, un programa en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír a través de doazóns a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia.

Convidámosvos a todas as persoas que asistades ás funcións a colaborardes con esta campaña solidaria, dando produtos non perecedoiros que se poderán depositar á entrada do teatro.

Máis información AQUÍ.

 

LA COLECCIÓN
de Juan Mayorga

110 min | castelán | NRM 14

DIRECCIÓN Juan Mayorga
ELENCO José Sacristán; Ana Marzoa; Zaira Montes; Ignacio Jiménez
PRODUCIÓN LAZONA Teatro, Teatro La Abadía

«Unha complexa reflexión sobre o paso pola vida de calquera ser humano, as súas pegadas e o concepto de herdanza»

Héctor e Berna son un matrimonio sen descendencia. Ao longo da súa vida foron reunindo unha colección que os levou a sacrificar todo o demais. Agora, anciáns, queren asegurar que a colección sobreviva e transcenda alén deles, así que buscan unha sorte de herdeiro...

La colección é unha obra sobre o matrimonio, sobre o paso do tempo e sobre a misteriosa relación entre as persoas e os obxectos. Se algún día, dentro dun millón de anos, un ser capaz de pensar e de sentir atopa a colección, saberá que é a humanidade e que podería ter sido. Porque a colección anega todo, todo se ve desde a colección, tamén ao resto da xente e a ti mesmo. Contén todo, o que es e o que non es.

 

LA GRAMÁTICA
de Ernesto Caballero

75 min | castelán | NRM 12

DIRECCIÓN Ernesto Caballero
ELENCO María Adánez, José Troncoso
PRODUCIÓN Focus

«Unha sátira que homenaxea a nosa relación coa manda que, segundo Lázaro Carreter, constitúe o noso patrimonio máis sólido: a lingua»

Imaxinemos que un día calquera, de forma accidental, unha muller convencional se convertese da noite á mañá nunha erudita da lingua e a gramática. Como mudaría a
súa vida esta cuestión? Vería ensanchados os seus horizontes persoais e profesionais ou, polo contrario, estas novas destrezas levaríana á marxinación da súa contorna? Imaxinemos, asemade, un reputado neurocientífico disposto a someter a muller a un intensivo proceso de desprogramación lingüística —en sentido oposto ao levado a cabo polo doutor Higgins sobre a florista Liza Doolitle na célebre obra Pigmalion de Bernard Shaw—. A idea sería devolver a muller ao seu estado primario de limitación expresiva para evitarlle os trastornos de inadaptación social orixinados tras o accidente...

 

LA REINA DE LA BELLEZA DE LEENANE
de Martin McDonagh

90 min | castelán | NRM 14

DIRECCIÓN Juan Echanove
ELENCO María Galiana, Lucía Quintana, Javier Mora, Alberto Fraga
PRODUCIÓN Okapi

«Unha obra que plasma a realidade existencial que sofren unha nai e unha filla nun confín na estrema do mundo»

Nunha casa en Connemara, Irlanda, nos 90, viven soas Mag Folan, muller maior dependente, e a súa filla solteira de máis de corenta anos, Maureen. Ela é quen se ocupa dos coidados da nai. A relación entre as dúas é tensa e represiva debido a traumas do pasado recente e por un historial de danos recíprocos. Mais esta situación agrávase co regreso eventual de Pato Dooley, a exparella de Maureen, ao producirse un reencontro amoroso entre eles. A anciá célase desta relación que creará un estado de autoengano en Maureen e o enfrontamento agudo entre ambas. A cousa aínda empeorará cando a nai lle oculta á filla unha carta de Pato, onde lle propón marchar con el a Boston. A descuberta levará a un desenlace violento.

 

UNA MADRE DE PELÍCULA
de Juan Carlos Rubio

80 min | castelán | NRM 12

DIRECCIÓN Juan Carlos Rubio
ELENCO Toni Acosta
PRODUCIÓN Pentación Espectáculos, Leona Madre e La Alegría Producciones

«O niño baleiro, ese irremediable e temido intre en que fillos e fillas botan a voar»

Eva María recibe un audio de Nicolás, o seu fillo: debe entrar no seu cuarto e buscar un cartafol vermello cun documento que precisa con urxencia. Ten que abrir un caixón pechado cun cadeado (o seu fillo é así...), facerlle unha foto e enviarllo. Despois, volver desandar o camiño, deixar o documento no cartafol vermello, clave, caixón e saír do cuarto. Nicolás é extremadamente celoso da súa intimidade e advírtelle que non caia na humana tentación de remexer nas súas cousas. Eva María promete cumprir ao pé da letra o seu cometido, mais unha vez inmersa no encargo... Quen está libre de pecado? A lembranza da súa vida e a visión dese provocador niño baleiro, farán a María entrar nunha divertida espiral.

 

LA REGENTA
de Leopoldo Alas, Clarín

115 min | castelán | TP

DIRECCIÓN Helena Pimenta
VERSIÓN Eduardo Galán
ELENCO Ana Ruiz, Joaquín Notario, Alex Gadea, Jacobo Dicenta, Pepa Pedroche, Francesc Galcerán, Alejandro Arestegui, Lucía Serrano
PRODUCIÓN Secuencia3 Teatro Fernán Gómez Centro Cultural de la Villa

«Magnífica adaptación de Eduardo Galán, baixo unha brillante dirección de Helena Pimenta»

La Regenta, publicada en 1884, é unha das grandes novelas da literatura española do século XIX e unha das máis importantes da historia. Trátase dunha obra naturalista que retrata con dureza o ambiente dunha cidade de provincias dominada por unha clase alta ociosa e un clero que impón unha moral hipócrita e asfixiante.

A protagonista é unha moza guapa que casa co antigo rexente da Audiencia de Vetusta, a cidade en que se empraza a historia. El é moito maior ca ela, egoísta e vive nun mundo afastado da realidade. Ana séntese esmagada e frustrada no seu matrimonio, e é atrapada por don Álvaro, o sedutor da cidade, e polo seu propio confesor, don Fermín de Pas, quen devece por convertela na súa esposa.

 

MALDITOS TACONES
De Ignacio Amestoy

65 min | castelán | NRM 16

DRAMATURXIA E DIRECCIÓN Magüi Mira
ELENCO Luisa Martín; Olivia Molina
PRODUCIÓN Pentación Espectáculos

«Un dó interpretativo entre dúas grandes actrices, Luisa Martín e Olivia Molina»

Someter é domesticar. Conséguese cercando, illando, limitando o movemento. O encerro nas gaiolas. A muller sente na súa carne os arames que lle cortan o aire. Unha estratexia violenta. E se o movemento doe, a estratexia é máis eficaz. Malditos Tacones é un texto palpitante que nos fala de dúas mulleres que buscan a verdade e atopan a gran mentira. Dúas super viventes de hoxe, que buscan o imprescindible para recuperar unha dignidade perdida.

Sobre elas, a sombra dun xigante, un cruel Agamenón calquera. A herdanza dun poder corrupto, con identidade sexual como arma de sometemento. Dúas grandes mulleres espindo, esfolando o poder dunha clase privilexiada. Dúas mulleres de altura que calzan os seus tacóns de xeito diferente. Dúas mulleres soas.

 

EL REY QUE FUE. ELS JOGLARS
de Albert Boadella E Ramon Fontserè

90 min | castelán | TP

DIRECCIÓN Albert Boadella e Ramon Fontserè
ELENCO Ramon Fontserè, Pilar Sáenz, Dolors Tuneu, Martí Salvat, Javier Villena, Bruno López-Linares
DIRECCIÓN ARTÍSTICA Albert Boadella
PRODUCIÓN Els Joglars

«Unha reflexión sobre a natureza e a condición existencial de Juan Carlos I»

Ano 2023. O Golfo Pérsico. Un rei emérito, ancián e exiliado quere sentir o sabor da súa afastada e querida patria. Dispón unha festa nun luxoso veleiro para degustar unha deliciosa paella en alta mar. Xornalistas, amigas e amigos, xeques e familiares están convidados. Que pode saír mal? Unha revisión humana e sen concesións da vida de Juan Carlos I e dos últimos 50 anos de España. Unha traxedia shakespeariá dun rei no ostracismo que trae ao escenario pantasmas do pasado, decisións, arrepentimentos e orgullos.

Unha ocasión única para ver o mellor de Els Joglars en acción. Incisivos, mordaces e sempre elegantes, a compañía privada máis antiga de Europa sempre foi crítica e crónica da historia de España sobre os escenarios.

Folleto Temporada de Abonos TEATRO xan-xuñ 2025 VIGO pdf 1,00 MB Folleto Temporada de Abonos TEATRO xan-xuñ 2025 PONTEVEDRA pdf 796 KB
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078