• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Ópera WERTHER de J. MASSENET, en Vigo

Cultura Concertos Xeral De pago
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Ópera WERTHER de J. MASSENET, en Vigo
  • 08-11-2025 08-11-2025 Ópera WERTHER de J. MASSENET, en Vigo “Na súa composición, puxen a miña alma e conciencia de artista” (Massenet). Colle xa as túas entradas en Ataquilla.com para asistires a esta ópera clásica Teatro Afundación Vigo Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Teatro Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra)

  • Datas:

    8 NOV 2025

  • Horario:

    19.00 h

  • Entrada:

    De pago
  • Modalidade:

    Presencial
Mercar

A ópera Werther, de Jules Massenet, será interpretada por primeira vez no Teatro Afundación Vigo este 8 de novembro no concerto de clausura do «Outono Lírico 2025», o ciclo promovido pola Asociación de Amigos da Ópera de Vigo. A Orquestra Sinfónica Vigo 430 encargarase da música, e participarán ademais as voces do Coro do IES da Xunqueira 1, de Pontevedra. O tenor Ismael Jordi, un dos máis prezados na escena global da ópera, liderará o elenco.

 

Colle xa as túas entradas en Ataquilla.com

 

Colabora co noso proxecto solidario CULTURA POR ALIMENTOS, traendo unha doazón de produtos non perecedoiros para axudar os bancos de alimentos locais. Infórmate!

 
O aclamado tenor español Ismael Jordi (Jerez de la Frontera, 1973) asumirá o papel protagónico de Werther. Jordi é unha figura imprescindible nos principais teatros de ópera do mundo, incluíndo o Teatro Real, o Gran Teatre del Liceu e a Royal Opera House de Londres. A dirección musical asúmea Manuel Coves. A dirección de escena será a cargo de Ignacio García.

 

WERTHER
Composta máis dun século despois da estrea da obra de Goethe, esta ópera eríxese como a creación máis representativa e única do compositor Jules Massenet. Baseada na novela homónima de Goethe e coñecida coma o Tristán e Isolda francés, o Werther de Jules Massenet é unha creación recoñecida coma un dos cumios da ópera romántica.


Na trama, Werther presenta un triángulo amoroso tráxico: o mozo Werther namora de Charlotte, a prometida do seu amigo Albert. A pesar dos sentimentos mutuos, Charlotte decide ignoralos e cumprir o seu compromiso con Albert, mentres Werther somerxe máis e máis na súa desesperación por non poder estar xunto a ela. Cando a realidade se impón con forza, Werther toma a tráxica decisión de se quitar a vida, incapaz de soportar estar sen o seu amor.

 

Ópera de IV actos, con música de Jules Massenet e libreto de E. Blau, P. Milliet e G. Hartmann.
Estreada no Teatro Imperial Hofoper de Viena, o 16 de febreiro de 1892. Estreada en francés en Xenebra, o 27 de decembro de 1892.

 
Werther.- Ismael Jordi (tenor)
Charlotte.- Olga Syniakova (mezzosoprano)
Albert.- Gerardo Bullón (barítono)
Sophie.- Iria Goti (soprano)
Le Bailli.- Fernando Latorre (baixo)
Schmidt.- Enrique Martínez (tenor)
Johann.- Pedro Martínez Tapia (baixo)
Bruhlmann.- Miguel Neira (barítono)
Katchen.- Noelia Ratel (soprano)

 
Orquesta Sinfónica Vigo 430
Coro do IES da Xunqueira 1, de Pontevedra (Directora, María L. Sánchez)
Dirección Musical.- Manuel Coves
Dirección de Escena.- Ignacio García
Video e iluminación.- Alejandro Contreras
Correpetición.- Carlos E. Pérez
Subtítulos.- Ana Miguélez

 

Para transformar a novela epistolar de Goethe nun texto viable para o escenario en francés, Massenet recorreu aos libretistas Georges Hartmann, Édourd Blau e Paul Millet. Aínda que o libreto se aparta nalgúns aspectos do orixinal alemán, conserva intacto o argumento central e a intensidade dramática que impulsa a acción sobre o escenario.

 

Ao longo da ópera, Massenet desprega a súa máis fonda emotividade e sensibilidade, tratando de aliviar o drama interior dos seus personaxes. A súa partitura, rica e profundamente evocadora, acompaña á perfección a acción no escenario. A Aria das cartas (“Air des lettres”) de Charlotte e a desesperada súplica de Werther, son exemplos sobresaíntes da mestría de Massenet para caracterizar e dar vida aos sentimentos máis intensos, así coma da súa habilidade para adaptar obras literarias ao escenario operístico.

 
Orixinalmente pensada para a Ópera-Comique de París, “Werther” estreouse finalmente o 16 de febreiro de 1892 no Teatro Imperial de Viena, con libreto traducido ao alemán por Max Kalbeck. A ópera recibiu unha calorosa acollida tanto do público coma da crítica, consolidando a obra coma un verdadeiro fito na historia da ópera. 

 

Non perdas nada da nosa programación consultando a axenda. E para máis espectáculos, agardámoste en Ataquilla.com.

Werther. Outono Lírico 2025
Werther. Outono Lírico 2025
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078