Visita guiada ao alumnado do IES Castro da Uz por voluntariado de Fálame da emigración, Espazo +60 Viveiro
Voluntariado de "Fálame da emigración" do Espazo +60 Afundación de Viveiro realizará unha visita guiada ao alumnado do IES Castro da Uz con motivo da inauguración da exposición "Nós tamén fomos emigrantes", do archivo da Axencia EFE.
Na inauguración, o 20 de marzo, haberá visitas guiadas con alumnado de 3º da ESO do IES Castro da Uz, conducida por socios/as voluntarios/as de Viveiro, nas que explicarán a exposición desde a perspectiva da súa experiencia e das súas propias historias de vida na emigración: Luisa Labayen, Mª Vicenta Taladrid e Mª Jesús Vargas.
Exposición "Nós tamén fomos emigrantes". Concello de As Pontes. Do 20 de marzo ao 20 de abril de 2025.
Edfi. de Usos Múltiples Casa Dr. Dopeso, R/ Rosalía de Castro, 28, As Pontes.
Horarios de apertura: de luns a venres de 8.00 a 15.00 h. e os sábados de 10.00 a 14.00 h.