Visita guiada á exposición “DIVERSA” - Espazo +60 Pontevedra
As persoas socias do Espazo +60 de Pontevedra poderán gozar dunha visita guiada á exposición DIVERSA. Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea Afundación, os días 13 de maio, ás 17:00 horas, e 3 de xuño, ás 12:00 horas.
A exposición reúne unha coidada selección de obras contemporáneas cuxa base creativa é a ilustración, realizadas mediante técnicas moi diversas que abranguen desde o gouache, a colaxe e a cerámica ata a animación dixital. Todas as pezas comparten un fío condutor común: unha creatividade e unha imaxinación excepcionais que impulsan a innovación nas linguaxes visuais actuais.
A actividade é gratuíta, con prazas limitadas, e require inscrición previa no Espazo +60 de Pontevedra.