Visita guiada á Escola naval de especialidades de La Graña (ESENGRA) e á escola de hostalaría - Espazo +60 Ferrol
O grupo de Roteiros Históricos do Espazo +60 de Ferrol realizará unha visita guiada á Escola Naval de Especialidades da Graña (ESENGRA), un espazo clave na historia e no presente da Armada Española. Durante o percorrido coñeceremos a súa orixe, a súa función formativa e o papel que desempeñou ao longo do tempo na Ría de Ferrol. A visita complétase co acceso á escola de hostalaría situada no mesmo recinto, permitindo descubrir un contorno singular onde conviven tradición, disciplina e formación especializada.
Prezo: 6 €
Horario: saída do bus ás 10.00 h da parada de Correos.
Inscripción: recollida de billetes o luns 26 de xaneiro a partires das 17.00 h no Espazo +60 de Ferrol (981 323 378).