Visita á exposición “Marzo todo o ano” - Espazo +60 Ourense
O vindeiro 21 de maio, o Espazo +60 organiza unha visita á exposición “Marzo todo o ano”, que pode visitarse na Sala Valente de Ourense, situada na rúa do Paseo.
A mostra, incluída na programación conmemorativa do 8M, Día Internacional da Muller 2026, reúne obras de 25 artistas plásticas da provincia ourensá nun proxecto que conta coa colaboración da comisaria e consultora de arte Olga Pastor Alvarado.
Promovida polo Concello de Ourense, a exposición ofrece un percorrido pola creación contemporánea feminina na cidade, mostrando diferentes estilos, técnicas e miradas artísticas. Ademais, entre as participantes atópanse varias socias do Espazo +60.
Sala Valente de Ourense
21 de maio de 2026
11:00 horas
Actividade gratuíta.
Máis información no Espazo +60.