Videoforum Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres - Espazo +60 Ourense
Convídase ás/os socias/os do Espazo +60 a participar nun videofórum.
Durante a actividade visualizarase un podcast documental e, paralelamente, abrirase un espazo de intercambio de ideas, reflexión e debate colectivo para afondar nos temas tratados e compartir experiencias e opinións nun entorno seguro e respectuoso.
O videofórum ten como obxectivo sensibilizar e fomentar o diálogo sobre a desigualdade de xénero e a invisibilización do traballo de coidados, a través do relato de catro testemuños de mulleres reais de distintas xeracións.
Actividade gratuíta.
Inscricións no Espazo +60 de Ourense (988 236 303 ou mais60ourense@afundacion.org) ou neste formulario antes do 23 de novembro.