• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Viaxe a Málaga, Espazos +60

Maiores Séniors De pago
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Viaxe a Málaga, Espazos +60
  • 29-03-2025 03-04-2025 Viaxe a Málaga, Espazos +60 Visitarán Málaga con guía local, farán unha excursión para coñecer Antequera, visitarán Ronda, Puerto Banús, o castelo de Colomores, o Museo Picasso, as localidades máis importantes da Axarquía Malagueña, Mijas... Espazo +60 Betanzos Cantón de San Roque, 3. Betanzos (A Coruña)//Espazo +60 Ferrol Praza da Constitución, s/n. Ferrol (A Coruña)//Espazo +60 Pontedeume Ferreiros, 20. Pontedeume (A Coruña)//Espazo +60 Santiago de Compostela Carreira do Conde, 18 baixo. Santiago de Compostela (A Coruña)//Espazo +60 Lugo Carril do Mercado, 1. Lugo (Lugo)//Espazo +60 Monforte de Lemos Cardeal Rodrigo de Castro, 18. Monforte de Lemos (Lugo)//Espazo +60 Ourense Rúa do Paseo, 6. Ourense (Ourense)//Espazo +60 Pontevedra Praza San Xosé, nº 3. Pontevedra (Pontevedra)//Espazo +60 Vigo Policarpo Sanz, 26 - 2ª planta. Vigo (Pontevedra)//Espazo +60 A Coruña Rúa Alta, 7. A Coruña (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Espazo +60 Betanzos

    Cantón de San Roque, 3. Betanzos (A Coruña)


    Espazo +60 Ferrol

    Praza da Constitución, s/n. Ferrol (A Coruña)


    Espazo +60 Pontedeume

    Ferreiros, 20. Pontedeume (A Coruña)


    Espazo +60 Santiago de Compostela

    Carreira do Conde, 18 baixo. Santiago de Compostela (A Coruña)


    Espazo +60 Lugo

    Carril do Mercado, 1. Lugo (Lugo)


    Espazo +60 Monforte de Lemos

    Cardeal Rodrigo de Castro, 18. Monforte de Lemos (Lugo)


    Espazo +60 Ourense

    Rúa do Paseo, 6. Ourense (Ourense)


    Espazo +60 Pontevedra

    Praza San Xosé, nº 3. Pontevedra (Pontevedra)


    Espazo +60 Vigo

    Policarpo Sanz, 26 - 2ª planta. Vigo (Pontevedra)


    Espazo +60 A Coruña

    Rúa Alta, 7. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    Do 29 de marzo ao 3 de abril de 2025

  • Entrada:

    De pago
  • Modalidade:

    Presencial
Apúntate

Málaga, xoia do sur de España, é un destino que combina á perfección historia, cultura, gastronomía e praias. Situada na solleira Costa do Sol, esta cidade andaluza ofrece unha experiencia vibrante tanto para aqueles que buscan relaxarse ao sol como para aqueles interesados en explorar o seu rico patrimonio. Cun clima envexable durante todo o ano, Málaga preséntase como un lugar onde as tradicións se mesturan coa modernidade, creando un ambiente acolledor e animado.

Desde as impresionantes vistas que ofrece o castelo de Gibralfaro, ata o encanto das súas rúas estreitas no centro histórico, cada recuncho de Málaga convida a ser descuberto. Ademais, a cidade é famosa pola súa arte e cultura, sendo o berce de Pablo Picasso e sede de museos que destacan o seu legado. Pero Málaga non é só historia e cultura, tamén é un lugar onde se goza con paixón da gastronomía, desde os seus famosos espetos de sardiña ata os refrescantes gazpachos.

 Xa sexa percorrendo a Alcazaba, paseando polo seu moderno porto ou simplemente relaxándose nas súas praias douradas, Málaga é un destino que deixa pegada en cada visitante. Unha viaxe a esta cidade é unha oportunidade para mergullarse na alma de Andalucía, gozar da súa xente simpática e vivir a maxia dun dos lugares máis cativadores de España.

Do 29 de marzo ao 3 de abril as persoas socias dos Espazos +60 viaxarán a Málaga.

O 29 de marzo recolleranse en Espazos +60 e trasladaranse ao aeroporto de Santiago para partir nun voo regular con destino a Málaga. Chegada, traslado ao hotel. Cea e aloxamento.

O 30 de marzo, despois do almorzo, pola mañá visitarase Málaga con guía local, fermosa cidade costeira, capital da Costa do Sol. Do seu patrimonio histórico-artístico, destacan as cidades romanas e árabes co Teatro Romano, a Alcazaba e a praza de la Constitución; a catedral de Santa María de la Encarnación "La Manquita"; o pazo episcopal ou a igrexa del Sagrario. Regresarán ao hotel para xantar. Pola tarde realizarán unha excursión para visitar Antequera, cidade de gran riqueza cultural con pazos, conventos, igrexas e coroada pola Alcazaba e a colexiata de Santa María. Tamén poderán visitar o espazo natural do Torcal de Antequera, probablemente a paisaxe cárstica máis espectacular de Europa onde se pode descubrir parte dos seus sendeiros, a súa fauna e vexetación. Regreso ao hotel. Cea e aloxamento. 

O 31 de marzo, despois do almorzo, sairán cara a Ronda onde agardará o guía local para faceren a visita. En 1572 fundouse a Real Maestranza de Caballería de Ronda con fins de adestramento para a defensa e as guerras do reino. Entre os monumentos salientables da cidade destacan a Ponte Nova, situada sobre a garganta do Texo, xunto coa Ponte Vella, a Ponte Árabe e a praza de touros. Ronda estaba dividida e aínda mantén esta división en tres barrios: San Francisco, o máis antigo onde se atopaba a fortaleza; a cidade, onde se sitúan os grandes edificios, conventos, igrexas e pazos, con rúas moi pintorescas con arcos, columnas, artesoados e arabescos que revelan a súa orixe; e, por último, o Mercadillo, o máis moderno. Xantar no restaurante. Pola tarde visitarán Marbella e Puerto Banús. Marbella é unha das cidades turísticas máis importantes de España. Na costa atópase o Monumento Natural das dunas de Artola. O seu centro histórico inclúe a antiga muralla e os dous arrabaldes históricos da cidade: o Barrio Alto e o Barrio Novo. O antigo recinto conserva a praza de los Naranjos con tres edificios salientables: a Casa Consistorial, a Casa del Corregidor e a ermida de Santiago. Outros edificios de interese son a igrexa de Santa María de la Encarnación, a Casa del Roque e os restos do castelo e da muralla árabe, así como a capela de San Juan de Dios, o Real Hospital de la Misericordia e o antigo Hospital de Bazán, todos eles de estilo renacentista.
Na Milla de Oro está Puerto Banús, que se fixo famoso por converterse nun destino turístico con alto poder adquisitivo. Regreso ao hotel, cea e aloxamento.

O 1 de abril, despois do almorzo, sairán a visitar o castelo de Colomares, construído en homenaxe a Cristóbal Colón (entrada incluída). Xantar no hotel. Pola tarde, visitarán o Museo Picasso cun guía local. Cea no hotel e aloxamento.

O 2 de abril, despois do almorzo, visitarán as localidades máis importantes da Axarquía malagueña. Comezarán en Frigiliana e rematarán en Nerja onde percorrerán as súas típicas rúas rematando no miradoiro coñecido como “o Balcón de Europa”. Regreso ao hotel para xantar. Pola tarde achegaranse á localidade de Mijas. A súa condición de vila de montaña conseguiu compaxinar cun importante complexo turístico situado no enclave costeiro de La Cala. Destaca o seu centro histórico de trazado árabe. Regreso ao hotel, cea e aloxamento.

O 3 de abril almorzarán no hotel e sairán ao aeroporto, trámites de facturación e embarque a Santiago. Traslados a Espazos +60.

A viaxe, organizada por Ciberviaxes, inclúe:

Traslado de Espazos +60 ao aeroporto de Santiago

• Billetes de avión Santiago-Málaga-Santiago

Horario voos previstos ou similares coas compañía Vueling:

29/03/2025 VY2654 Santiago - Málaga 15:15/16:45   

03/04/2025 VY2655 Málaga - Santiago 17:30 / 19:10

• Impostos incluídos

• Maleta facturada 25 kg/persoa

• Autocar climatizado para traslados e excursións segundo o itinerario descrito

• Guía acompañante de orixe

• Estancia de 5 noites no hotel Sallés Málaga Centro 4* de Málaga

• Pensión completa con auga e viño nas comidas.

• Entrada á catedral de Málaga

• Entrada ao Museo Picasso

• Entrada ao castelo de Colomares

• Entrada á Alcazaba + Gibralfaro Málaga

• Entrada á Real Maestranza de Ronda

• Entrada ao Torcal de Antequera

• Entrada á Cova de Nerja

• Guías locais de Málaga, Ronda, Antequera e Museo Picasso

• Radioguías de todo o percorrido

• 1 acompañante de Ciberviaxes e 2 acompañantes de Afundación

• Seguro de Cancelación e Asistencia TOP (40€)

 

IMPORTANTE:

A orde do itinerario pode modificarse sen previo aviso, así como a orde das visitas sen que isto altere o contido do programa, que se respecta integramente.

O importe do seguro de viaxe non é reembolsable, independentemente das causas ou do aviso previo co que se produza unha posible cancelación.

 

PREZOS BASEADO NUN GRUPO DE 45 PASAXEIROS

• En habitación dobre/persoa socia ABANCA: 1.710 €

• En habitación dobre/persoa socia: 1.881 €

• Suplemento habitación individual: 485 € (a realizar no último pago)

*No caso de cancelación do acompañante ou de non atopar persoa para compartir habitación, o cliente deberá asumir o custo do suplemento individual.

PRAZOS DE PAGO

• No momento de confirmación da praza: 855€/socio Abanca e 941€/persoa socia + seguro opcional de libre desistencia (SÓ se o ten contratado, 80€)

 

• Antes do 28 de febreiro: 855 €/persoa socia Abanca; 940 € persoa socia + suplemento habitación individual (485 €)

HOTEL PREVISTO OU SIMILAR

 

Málaga: Hotel Sallés Málaga Centro 4*

 

CONDICIÓNS DE CANCELACIÓN

• 80 días antes da saída da viaxe 25% do importe total

• 60 días antes da saída da viaxe 35% do importe total

• 45 días antes da saída da viaxe 55% do importe total

• 30 días antes da saída da viaxe 100% do importe total

 

PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN

A inscrición farase efectiva unha vez cuberto o formulario en liña, a partir do 10 de febreiro, desde as 10.00 horas ata cubrir as prazas. Para verificar que o seu rexistro se enviou correctamente, recibirá un correo electrónico de confirmación. Se non recibe ese correo, póñase en contacto connosco no 698 122 915.

Confirmarémoslle a súa praza por correo electrónico, nese momento deberá realizar o primeiro pago.

As prazas de autobús concederanse por rigorosa orde de inscrición.

Se aínda non é socio/a e quere viaxar connosco, pode pasar por un Espazo +60 ou pedir cita.

(*) Condicións completas no seu Espazo +60 Afundación ou en Ciberviaxes (Menéndez Pelayo, 12 A Coruña - 981 216 600)

Folleto viaxe Málaga
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078