Mercado solidario a favor do Carriño don Amable, da AECC

O vindeiro martes, 27 de maio, celebrarase no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) un mercado solidario organizado polas voluntarias do Espazo +60 de Afundación.
Esta iniciativa ten como obxectivo recadar fondos para o Carriño Don Amable da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en Ourense, ademais de dar visibilidade ao importante labor que realizan estas voluntarias.
Nesta pequena mostra poderás descubrir e adquirir produtos elaborados artesanalmente con moito agarimo: bolsos, carteiras, manteis, mandís, estoxos e outras pezas únicas.
Participando neste mercado estarás axudando a mellorar a calidade de vida das persoas que loitan contra o cancro en Ourense.
Cada pequena compra é un gran xesto solidario.