Tenda solidaria a favor de ADACECO, Espazo +60 A Coruña

Do 29 de abril ao 30 de maio, o Espazo +60 Afundación da Coruña abrirá ao público o seu tradicional Mercado Solidario, unha iniciativa chea de creatividade, compromiso e solidariedade. Este ano, os fondos recadados irán destinados a ADACECO (Asociación de Dano Cerebral Adquirido da Coruña).
Os produtos á venda foron elaborados ao longo do curso escolar polo voluntariado do centro que participa no Obradoiro Solidario, coordinado pola voluntaria Loli Rodríguez Martínez. No mercado pódense atopar auténticas artesanías e xoias: desde roupa infantil, bolsos e manteis ata bonecos, xerseis e toallas bordadas ou con encaixe de Camariñas.
Esta actividade non só promove a solidariedade e a cooperación, senón tamén a reciclaxe creativa, potenciando a imaxinación e o traballo en equipo. Forma parte do programa "O valor da experiencia", dentro do departamento de Envellecemento Activo de Afundación, que promove o papel activo das persoas maiores na sociedade a través do voluntariado e a participación comunitaria.
Agardámoste na inauguración o 29 de abril ás 17:30!
Toda a recaudación irá destinada integramente a ADACECO, unha entidade sen ánimo de lucro que traballa dende o ano 2000 na mellora da calidade de vida das persoas afectadas por dano cerebral adquirido e das súas familias, ofrecendo atención interdisciplinar e servizos especializados de rehabilitación.
A túa visita pode marcar a diferenza. Ven, colabora e difunde!