Exposición ESPAZO E TEMPO. A escultura na Colección ABANCA, na Coruña
__narrow.jpg)
A Sede Afundación A Coruña acolle ata o 20 de setembro a exposición ESPAZO E TEMPO. A ESCULTURA NA COLECCIÓN ABANCA, unha oportunidade para explorar a relación entre escultura, pintura e arquitectura, invitando a reflexionar sobre como estas disciplinas se complementan e desafían mutuamente. Un total de 68 obras procedentes da Colección ABANCA, declarada BIC, definen a evolución estética da escultura ao longo do século XX e XXI, facendo fincapé en como as linguaxes estéticas contemporáneas nos ofrecen a posibilidade de rachar as fronteiras.
Esta exposición forma parte do noso proxecto solidario CULTURA POR ALIMENTOS, co que te convidamos a colaborares cun quilo de produtos non perecedoiros se nos visitas, destinado aos bancos de alimentos locais. Grazas.
En colaboración con FESBAL, Federación Española de Bancos de Alimentos.
Máis información
A Colección ABANCA, declarada Ben de Interese Cultural en 2015, alberga un rico patrimonio artístico que inclúe pinturas, esculturas, fotografías e gravados. A mostra ofrece unha perspectiva única sobre a evolución da escultura desde finais do século XIX ata a actualidade.
Organizada en tres andares e andar baixo da sede Afundación herculina, podemos ver nela desde a monumentalidade do granito en Fonte de min de Manolo Paz ata a delicadeza das pezas de barro cocido de Isidoro Brocos, reflectindo unha gran variedade de materiais e técnicas que definen este xénero.
Citas de artistas e pensadores/as ao longo do percorrido, convidan a reflexionar sobre a esencia da escultura, afondando no diálogo entre o espazo, o tempo e a creación artística.
«Espazo e Tempo» ofrece unha oportunidade única para apreciar a riqueza e diversidade da escultura contemporánea.
VISITAS COMENTADAS
Asiste ás visitas guiadas para coñecer a fondo cada obra e o contexto expositivo.
Visita-conto con obradoiro | INFANTIL a 4º PRIMARIA | «Estatuas con moita marcha»
Visita con obradoiro | 5º PRIMARIA a 2º ESO | «Por que a escultura NON é aburrida?»
Visita comentada con obradoiro opcional | 3º e 4º ESO, BACHARELATO e CF | «Espazo e
tempo. Escultura na Colección ABANCA»
Prezo 2 €/ escolar
Máis información e reservas en areaeducativacoruña@afundacion.org ou no 981 185 060