Proyección de ópera: «Falstaff» na Coruña
Con motivo do Ciclo de inverno da Tempada Lírica de Amigos de la Ópera, a Sede Afundación da Coruña acolle unha serie de actividades paralelas, entre elas, un ciclo con catro proxeccións de ópera que se desenvolve entre xaneiro e febreiro de 2016. A útlima delas, Falstaff, terá lugar o 24 de febreiro ás 19.00 h.
Falstaff
De G. Verdi. Con Renato Bruson, Leo Nucci, Katia Ricciarelli… Produción da Royal Opera House Covent Garden de Londres. Dirección musical: Carlo Maria Giulini. Dirección escénica: Ronald Eyre.
A última gran creación de Verdi para a escena foi esta homenaxe a Shakespeare e a un dos seus personaxes máis fascinantes, o vello Falstaff. Unha produción avalada pola batuta do lendario Carlo Maria Giulini e o protagonismo de Renato Bruson á fronte dun elenco estelar.