Tempada de Abonos Clásica en Vigo. Outubro-decembro 2026
Chega o último trimestre do ano e, con el, unha nova cita coa gran música clásica en Vigo. Pechamos 2026 cunha selección de concertos que reúne algunhas das formacións e artistas máis destacados do panorama nacional e internacional.
Contaremos coas nosas formacións de referencia, a Real Filharmonía de Galicia (RFG) e a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), xunto a unha proposta escénica moi especial: María Callas - Sfogato, de Pedro Víllora, unha homenaxe a unha das voces máis lendarias da lírica.
A continuación, atoparás toda a información para facerte co teu abono e gozar da mellor música clásica entre outubro e decembro de 2026.
RENOVACIÓN DE ABONOS
Se a tempada pasada xa obtiveches o teu abono, podes renovalo (xa sexa de maneira en liña como presencial) e conservar as mesmas butacas:
En liña: a través da ligazón que recibirás no teu correo electrónico, do 13 ao 19 de xullo.
Na billeteira: no Teatro Afundación Vigo (rúa Marqués de Valladares, s/n), unicamente o 20 de xullo, en horario de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.00 h.
VENDA XERAL DE ABONOS
Para quen se aboe por primeira vez, a venda xeral estará dispoñible en liña en Ataquilla.com do 21 de xullo ao 6 de setembro.
VENDA DE ENTRADAS SOLTAS
A partir do 7 de setembro, poderás mercar as túas entradas en liña en Ataquilla.com ou na Sede Afundación Vigo (rúa Policarpo Sanz, 26).
AXENDA DE CONCERTOS
RFG (Real Filharmonía de Galicia) | mér, 7 de outubro | Director: César Ramos
MARÍA CALLAS - SFOGATO | xov, 15 de outubro | Dirección de escena: Alberto Frías
RFG | mér, 2 de decembro | Director: Sergey Malov
OSG (Orquestra Sinfónica de Galicia) | mér, 9 de decembro | Director: Alejandro Posada
CULTURA POR ALIMENTOS
Esta tempada forma parte do noso programa solidario «Cultura por alimentos». Animámoste a traer produtos non perecedoiros aos concertos e depositalos na entrada do teatro; nós encargámonos de facelos chegar aos bancos de alimentos locais. Grazas por sumarte!
Descarga o folleto completo para coñecer todos os detalles da programación. E se queres descubrir máis propostas culturais, visita a nosa axenda web ou entra na nosa ticketeira Ataquilla.com para informarte sobre outras actividades escénicas.