• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Á venda a TEMPADA DE ABONOS DE TEATRO | outono 2023 en Vigo

Cultura Xeral De pago
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Á venda a TEMPADA DE ABONOS DE TEATRO | outono 2023 en Vigo
  • 05-06-2023 30-09-2023 Á venda a TEMPADA DE ABONOS DE TEATRO | outono 2023 en Vigo Á venda do 7 de xuño ao 10 de setembro en www.ataquilla.com Teatro Afundación Vigo Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Teatro Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra)

  • Datas:

    7 XUÑ a 10 SET 2023 | venda xeral de abonos

  • Entrada:

    De pago
  • Modalidade:

    Presencial

Velaquí unha nova Tempada de Abonos de Teatro Afundación para que poidas desfrutar das mellores obras nacionais no teu Teatro de Vigo comodamente e con prezos axustados. Programa a túa diversión cultural para o vindeiro outono 2023, de setembro a decembro.
 
VENDA
As persoas abonadas da última tempada poden renovar o seu abono, reservando as mesmas cadeiras os días 5 e 6 de xuño de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 h na billeteira do Teatro Afundación, Marqués de Valladares, s/n. Venda dos abonos en xeral do 7 de xuño ao 10 de setembro en www.ataquilla.com
Venda de entradas soltas a partir do 11 de setembro en www.ataquilla.com e na Sede Afundación de Vigo, Policarpo Sanz, 26.
Para máis información, 986 120 078  
 
CALENDARIO
EQUUS | xov 19 OUT | 20.30 h
MILES GLORIOSUS | mér 25 OUT | 20.30 h
UN OSCAR PARA ÓSCAR | mar 21 NOV | 20.30 h
EL LIBRERO DE AZAÑA | mér 29 NOV | 20.30 h
ADICTOS | mér 6 DEC | 20.30 h
 
Todos os abonos teñen un 20 % de desconto con respecto ao prezo do billete.*
* Gastos de xestión á parte
Outras bonificacións e descontos xerais
• Persoas mozas: carné xove
• Persoas maiores de 65: carné de xubilación
• Persoas desempregadas: carné correspondente
Aplicarase un desconto adicional do 10 % con respecto ao prezo do abono.
A programación poderá estar suxeita a cambios.
A duración das obras é aproximada.
 
OBRAS
EQUUS de Peter Shaffer | DIRECCIÓN Carolina África | VERSIÓN/ ADAPTACIÓN Natalio Grueso | ELENCO Roberto Álvarez, Álex Villazán, Jorge Mayor, Mamen Camacho, Claudia Galán | PRODUCIÓN OKAPI Producciones 
1 h 40 min | Castelán | NRM 16
«Unha obra que te manterá en suspenso até chegar ao sorprendente desenlace final»
Esta xoia da dramaturxia universal tráenos un texto complexo no que o psiquiatra Martin Dysart recibe o encargo máis difícil da súa carreira profesional, debe tratar un mozo que cometeu un acto brutal: sacar os ollos cun punzón á media ducia de cabalos que coidaba. A partir de aquí comeza unha investigación en que o psiquiatra deberá pescudar sobre que levou a este mozo de boa familia, que xamais tivera un problema, a cometer tal atrocidade. Seguindo as regras do thriller psicolóxico, o psiquiatra vai indagando na vida do raparigo para axudalo e, mentres, terá que loitar tamén cos seus propios demos persoais...
 
MILES GLORIOSUS de Plauto | DIRECCIÓN Pep Anton Gómez | VERSIÓN Antonio Prieto | ELENCO Carlos Sobera, Ángel Pardo, Elisa Matilla, Silvia Vacas, Juanjo Cucalón, David Tortosa, Antonio Prieto, Arianna Aragón | PRODUCIÓN Festival de Teatro Clásico de Mérida e Arequipa Producciones
1 h 40 min | Castelán | NRM 14
«Unha montaxe divertidísima onde cada un dos seus intérpretes brilla con luz propia»
Miles é un prototipo de home que nos resulta moi familiar. Deixando de lado a súa condición de militar, invicto por suposto, Miles é un tipo empoderado, fantoche, pagado de si mesmo, narcisista e obsesionado co sexo. Cre firmemente que todas as mulleres o adoran e pretende a todas. Vive en Éfeso xunto a Cornelia, unha bela princesa da que pensa, bebe os ventos por el, esquecendo o pequeno detalle de que a ten secuestrada... Mais a situación pode dar unha volta radical. O criado de Miles, farto do seu xefe perturbado, decide axudar a rapaza e, así, de paso, traza un brillante plan para escarmentalo coa axuda da veciñanza.
 
UN OSCAR PARA ÓSCAR de Mario Hernández | DIRECCIÓN Mario Hernández | ELENCO Jon Plazaola, Agustín Jiménez, Rebeca Sala, Mara Guil | PRODUCIÓN Txalo Producciones e La Mandanga
1 h 30 min | Castelán | NRM 12
«Esta peza eríxese coma unha homenaxe ao estilo de Miguel Mihura, combinado co espírito de Luis García Berlanga»
Estamos na cidade de Los Ángeles o día que se celebra a cerimonia dos Oscar; concretamente, nun modesto motel nos arredores. Alí están Óscar Manzano, nomeado aos premios pola curtametraxe que dirixe, canda o ministro de Cultura Guillermo Barrientos e a ministra de Facenda Irene Navarro. Entre continuas liortas dos dous políticos, e a poucas horas de empezar a cerimonia, aparece Pauline, unha «escort girl» contratada ás agachadas para que finxa ser a noiva de Óscar durante a gala... Este imposible grupo de catro vivirá a noite máis tola das súas vidas, debaténdose entre os seus soños e todo o que perden no camiño para conseguilos.
 
EL LIBRERO DE AZAÑA de Miguel Murillo Gómez | DIRECCIÓN E DRAMATURXIA Francisco Suárez | ELENCO Jacobo Dicenta, Ana Fernández, Juanma Navas, Alberto Lucero, Isabel Moreno | PRODUCIÓN Producciones Faraute
1 h 30 min | Castelán | TP
«Quen foi Manuel Azaña?»
De ser a encarnación da liberdade e da República a figurar durante moitos anos coma o monstro máis infame, Manuel Azaña foi un mito e símbolo español que, por certo, tamén chegou tarde á súa cita co tempo que lle tocou vivir. Desde unha librería de vello no Madrid que segue a ser unha ligazón entre o vello e o moderno, a historia pasa vertixinosamente no seu escaparate e os libros reflicten os sucesos máis decisivos de vinte anos da nosa historia. Cosme, Pascual, Consuelo e Encarna, xunto ao pobo español, observan o que ocorre, e pensan a Azaña, intúeno, interprétano, ámano e ódiano, e esperan algo que, coma sempre, non chega.
 
ADICTOS de Daniel Dicenta Herrera e Juanma Gómez | DIRECCIÓN Magüi Mira | ELENCO Lola Herrera, Ana Labordeta, Lola Baldrich | PRODUCIÓN Jesús Cimarro
1 h 20 min | Castelán | NRM 16
«Adictos somos todos…»
Esta obra xorde da necesidade de abordar unha problemática que nos afecta a todas as persoas: ata que punto a tecnoloxía nos somete? Somos libres? Que tipo de sociedade construímos? Que nos trae o futuro? Merecemos o cualificativo de «seres humanos»? A realidade de Adictos é a da expansión progresiva da desinformación. Unha ficción que manifesta inquedanzas que nos incumben a todos e a todas, cuestionando aquilo asumido como certo. Este texto reivindica a capacidade de reacción do ser humano, ese punto de rebeldía necesario para que as cousas evolucionen cara a unha vida tecnoloxicamente sa e socialmente libre.
 

Esta tempada de abonos encádrase no programa solidario CULTURA POR ALIMENTOS, en colaboración con FESBAL. Convidámosvos a colaborar traendo alimentos non perecedoiros que se poden depositar no acceso ao edificio, e que serán destinados aos bancos de alimentos locais.

Máis información

Tempada de Abonos de Teatro Outono 2023 PDF 1,131 KB
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078