Xa está aquí a nova TEMPADA DE ABONOS CLÁSICA Afundación outubro-decembro 2025

A Tempada de Abonos de Clásica en Vigo xa está aquí un ano máis. Coa volta ao outono, traemos as mellores novidades culturais para que sigas a desfrutar dos eventos musicais, neste caso, máis atractivos do circuíto nacional. Coma cada ano acompáñannos as nosas grandes agrupacións, a Real Filharmonía de Galicia e a Orquestra Sinfónica de Galicia con novas artistas convidadas, e tamén o Orfeón Terra A Nosa. Velaquí toda a información para que poidas facerte co teu paquete cultural ata decembro de 2025.
RENOVACIÓN DE ABONOS
Se te abonaches á última tempada, agora podes renovar o teu abono e reservar as mesmas butacas de xeito online ou fisicamente:
• Online, a través da ligazón que recibirás no teu correo-e, do 8 ao 14 de setembro.
• Na billeteira do Teatro Afundación Vigo (Rúa Marqués de Valladares, s/n), o día 15 de setembro, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 h.
VENDA XERAL DE ABONOS
Online en www.ataquilla.com do 16 de setembro ao 12 de outubro.
VENDA DE ENTRADAS SEN ABONO
Online en www.ataquilla.com ou fisicamente na Sede Afundación Vigo (Policarpo Sanz, 26), a partir do 13 de outubro.
Tes máis información no 986 12 00 78
CONCERTOS
O.S.G | xov, 23 de outubro
ORFEÓN TERRA A NOSA | mér, 29 de octubre
R.F.G | mér, 12 de novembro
O.S.G | xov, 11 de decembro
CULTURA POR ALIMENTOS convídate a traeres a túa doazón de alimentos non perecedoiros para axudar os bancos de alimentos locais. Infórmate!
Aproveita para visitares a axenda web e decatáreste de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes. Tamén podes entrar na nosa ticketeira Ataquilla.com para informarte doutras actividades escénicas.