Tarde de teatro con "La segunda juventud", Espazo +60 Pontedeume

O próximo 30 de maio, o Espazo +60 Afundación de Pontedeume acollerá unha tarde de teatro moi especial da man da compañía “La Segunda Juventud”, pertencente á Asociación de Mulleres de Vilarmaior.
Poderase gozar de dúas pezas teatrais cheas de humor e reflexión:
-
“Discusión Familiar”
-
“Yo uno, tú dos”
Durante o evento recollerase un donativo voluntario a favor da Asociación Española Contra o Cancro.
Non perdas esta oportunidade de pasar unha tarde entretida e apoiar o talento local!
Apúntate antes do 26 de maio e vive o teatro!