Tarde de teatro coa obra “A Mula de Don Pedro” - Espazo +60 Pontedeume
O vindeiro venres 29 de maio ás 18:30 horas, o Espazo +60 de Pontedeume celebrará unha tarde dedicada ao teatro coa representación da obra “A Mula de Don Pedro”.
A actuación correrá a cargo de “La Segunda Juventud”, grupo teatral da Asociación de Mulleres Rurais de Vilarmaior, que ofrecerá unha función chea de humor, tradición e entretemento para gozar en boa compañía.
A actividade é gratuíta, aínda que será necesaria inscrición previa antes do 28 de maio no Espazo +60.
Unha proposta cultural para compartir unha tarde diferente e seguir gozando do teatro afeccionado e das iniciativas culturais de proximidade.