Obradoiros sobre desinformación e noticias falsas en colaboración con Helpage - Espazos +60 Vigo e Ourense
O 23 de marzo, Afundación acollerá nos Espazos +60 de Vigo e Ourense formacións piloto sobre desinformación e navegación segura. Estas sesións están impulsadas por Maldita.es e Helpage dentro do proxecto europeo Level Up (Levelling Up Media Literacy Education for Older Europeans) que ten como obxectivo capacitar ás persoas maiores de 60 anos ou máis en Europa, especialmente en Bulgaria, República Checa e España para desenvolver un enfoque crítico sobre os medios de comunicación e a desinformación.
Level Up é unha iniciativa cofinanciada pola Unión Europea que busca mellorar a alfabetización mediática das persoas maiores, axudándoas a recoñecer a desinformación, reforzar o pensamento crítico e navegar por internet de forma segura e responsable.
O obxectivo dos talleres é probar coas persoas participantes os materiais formativos desenvolvidos polo consorcio do proxecto organizados en cinco módulos:
- Desinformación en xeral
- Saúde
- Ciencia e cambio climático
- Teorías da conspiración
- Intelixencia artificial e estafas en liña
- Ademais, poderán utilizar un videoxogo educativo que simula situacións reais de consumo dixital para poñer en práctica o aprendido.
Os talleres son prácticos, dinámicos e adaptables a cada grupo.
Esta acción inscríbese no marco do convenio de colaboración que Afundación mantén con HelpAge España,
Neste mesmo marco, Afundación foi unha das 11 entidades colaboradoras que facilitaron o contacto con persoas maiores distribuídas por toda a xeografía nacional, a única en Galicia, para validar a escala do idadeísmo, un instrumento desenvolvido pola Organización Mundial da Saúde (OMS) que foi presentado o pasado 10 de marzo co propósito de medir e comprender a magnitude do idadeísmo.
Actividade gratuíta con aforo limitado.
Inscríbete xa nos Espazos +60 de Vigo (986 120 071) ou de Ourense (988 236 303).
Máis información sobre o proxecto en:
https://levelup.fundacionmaldita.es/es/