Obradoiro de escrita creativa: Da memoria como detonante literario, en Vigo
A proposta deste obradoiro é internarnos nas diferentes vías literarias da memoria. Un percorrido onde tomarlle o pulso ás posibilidades da memoria, ao seu mecanismo no texto literario. Analizaremos os accesos e tamén as descubertas asociadas a este proceso na escrita persoal. Somos memoria? En que medida os nosos textos se fornecen da lembranza? E que hai da fenda entre a memoria e a re-eleboración da mesma? Que lugar lle destinamos a esa materia dentro do proceso creador? Serán oito grandes autores e pensadores os que iluminen a deriva: Philip Roth, Sharon Olds, Marcel Proust, Jonh Berger, Marguerite Duras, Margarita Ledo, Georges Perec e Georges Didi-Huberman.
Escribamos.
Programa
-Das memorias ao xénero: Philip Roth e Sharon Olds
-A trampa: Marcel Proust e John Berger
-Recordo e o presente da memoria: Marguerite Duras e Margarita Ledo
-Evento, anécdota e imaxe do real: Georges Perec e Georges Didi-Huberman
Datas: Os venres, 27 de marzo, 10, 17 e 24 de abril
Horario: 18.00 a 20.30 h
Duración: 10 horas
Prezo: 75 €
Docente: Dores Tembrás e Antía Otero
Prazas: 15
Inscricións en Ataquilla, a nova marca de Servinova.
De non chegar ao número mínimo de inscricións (13 persoas), o taller cancelarase e devolverase o diñeiro da inscrición polo mesmo método polo que se realizou o pagamento. En caso de cancelación, avisarase antes do inicio da actividade aos alumnos inscritos por correo electrónico.