Obradoiro de fotografía xigital, en Vigo
Descubriredes da man de destacados profesionais do mundo da publicidade, como sacalo o máximo rendemento ás vosas cámaras e exploraredes o apaixonante mundo da fotografía indo ao gran, sen rodeos.
Baixo a dirección de Jacobo Gayo [gf]studio, fotógrafo profesional que foi nomeado aos Premios Goya de fotografía en publicidade no 2007, 2011 e 2013.
Programa
- Arquitectura básica da cámara e do sensor
- Formatos, calidades e tamaños de cámaras e sensores
- Óptica: tipo, características, focais...
- Exposición básica: velocidade, diafragma, ISO, WB
- Composición básica
- Controis básicos de cámara
- Exposición avanzada, fotometría
- Profundidade de campo: que afecta
- Histograma, rango dinámico
- Composición avanzada
- Axustes avanzados de cámara
- Captura e formato de arquivos
- Fluxo de traballo
- Seguridade
- Xestión de cor
- Procesado e edición básica de RAW sobre plataforma Adobe(bridge + camera RAW)
Datas: Os venres e sábados do 16 ao 24 de xaneiro
Hora:
Venres de 16.00 a 20.00 h
Sábados de 10.00 a 14.00 h e de 17.00 a 19.00 h (retrásase unha hora o comenzo da sesión do sábado pola tarde)
Duración: 20 horas
Prezo: 150€
Requisitos: Traer cámaras fotográficas propias e na última sesión equipo informático (ordenador portátil)
Docentes: Jacobo Gayo e Claudio García, [gf]studio
Prazas: 20
Inscricións en Servinova
Se tes algunha consulta podes contactar connosco no 986 120 077 ou en formacion@afundacion.org
De non chegar ao número mínimo de inscricións (7 persoas), o taller cancelarase e devolverase o diñeiro da inscrición polo mesmo método polo que se realizou o pagamento. En caso de cancelación, avisarase por correo electrónico ou por teléfono cun día de antelación.