Obradoiro de escaparatismo, en Vigo
O primeiro impacto que conseguimos cun escaparate innovador e creativo é fundamental á hora de dar visibilidade á nosa marca e produtos. Neste obradoiro dotarémonos das ferramentas e recursos necesarios para desenvolver o traballo de escaparatista cunhas pautas sinxelas e efectivas. En todo momento teremos en conta os recursos materiais e os medios económicos cos que contamos.
Programa
- Concepto de escaparate: Vehículo de comunicación. Imaxe dun establecemento. Obxectivo dun escaparate: as vendas
- Funcións e obxectivos dun escaparate: Chamar a atención dos transeúntes. Identificar os produtos. Invitar a entrar na tenda. Calidades dun escaparate eficaz: visibilidade, unidade, simplicidade e innovación
- Ornamentación: Artigos en equilibrio: correcta distribución e ordenación. Sensación de unidade, variedade e simplicidade
- Organización, planificación e control: Desenvolvemento dun proxecto de escaparatismo. Control desde un punto de vista contable e comercial. Tempo de permanencia. Custo de cada cambio de escaparate
- Técnicas de creatividade: Estudo do tamaño do establecemento. Selección da mercadoría. Elección do decorado
- Os materiais: Materiais e ferramentas. Harmonía entre os materiais e o resto do establecemento
- A iluminación: Atraer pola vista. Destacar os produtos. Dar vida e aumentar o atractivo do escaparate. Colocación dos focos. Tipos de luz
- A cor: Impacto óptico. Influencia dunhas cores sobre outras. Como afecta a luz. O realce dos artigos
Datas: Sábados, 5, 12 e 26 de abril
Horario: De 10.00 a 14.00 h
Duración: 12 horas
Prezo: 72 €
Docente: Kike Corbacho, Línea Press
Prazas: 15
Inscricións en Servinova
De non chegar ao número mínimo de inscricións (7 persoas), o obradoiro cancelarase e devolverase o diñeiro da inscrición polo mesmo método por que se realizou o pagamento. En caso de cancelación, avisarase por correo electrónico ou por teléfono con un día de antelación.