Taller de iniciativa emprendedora: A fábrica dos planeadores
O obxectivo é que as persoas participantes comprendan o fluxo económico e financeiro que se xera na actividade de fabricar planeadores, xerando o balance e a conta de resultados dun ano de actividade da súa empresa. Paralelamente esta actividade permite fomentar o valor do traballo en equipo e a súa importancia na obtención de resultados.