Obradoiro de teatro lido, Espazo +60 Ferrol
O Espazo +60 Afundación de Ferrol amplía a oferta de actividades cun novo curso de teatro lido. Este curso ten como obxectivos estimular a lectura, intentar conseguir unhas aptitudes que melloren a súa comprensión lectora, a dicción e tamén estimular a empatía coas novas xeracións.
Os ensaios completaranse cunha actuación trimestral dirixida a escolares de primaria.
Prezo: 8 €/mes