OBRADOIRO DE INTRODUCIÓN Á INTELIXENCIA ARTIFICIAL PARA PERSOAS MAIORES - Espazo +60 Ferrol
O noso socio Florentino Blas Fernández Cueto será o encargado de impartir este programa de 8 h. Tino é profesor xubilado, experto en intelixencia artificial e TIC, que segue colaborando co profesorado dos centros de formación de toda Galicia. Na actualidade continúa impartindo charlas para docentes de todos os niveis educativos sobre IA e outras tecnoloxías.
1. Iniciación á IA, manexo básico do móbil, traballo con diferentes apps de IA
2. Aplicacións prácticas da IA na vida das persoas maiores:
- a. ler receitas médicas.
- b. recordatorio de citas.
- c. manexo de altofalantes intelixentes.
- d. organización de viaxes.
- e. localizar lugares utilizando a realidade aumentada.
- f. mellorar fotos antigas.
- g. redacción de mensaxes, cartas e correos.
- h. asistente personalizado para organizar os teus días.
- i. procura de información útil (viaxes, restaurantes, médicos, receitas), xogos para adestrar a memoria.
3. Desenvolvemento de aplicacións avanzadas de IA para persoas maiores.
4. Propostas didácticas da IA por parte das persoas participantes.
A actividade impartirase os días 24/11, 01/12, 15/12 e 22/12.
Prezo:
- 25 € / persoa
Inscricións no Espazo +60 de Ferrol (981 323 378 ou mais60ferrol@afundacion.org) a partir do día 17 de novembro (mínimo grupo de 15 persoas).