ÍTACA. Espazo interactivo de Educación financeira en A Coruña
Convidámoste a vivir ÍTACA, un espazo interactivo que une educación financeira e mitoloxía grega, inspirado na viaxe de Ulises. A través dun percorrido interactivo, enfrontaraste a desafíos cotiáns coa axuda de personaxes virtuais, efectos visuais e intelixencia artificial. Terás a oportunidade de afrontar situacións reais coma o impacto das emocións nas decisións económicas, os riscos financeiros e a ciberseguridade para protexer os teus cartos ou a información imprescindible para tomar decisións financeiras intelixentes. Isto non é unha exposición teórica. É unha experiencia práctica, divertida e útil para transformares a túa relación cos cartos e gañares seguridade no teu día a día. Agardámoste na Sala -1 da Sede Afundación A Coruña, ata o 10 de xaneiro de 2026.
VISITA GUIADA INAUGURAL
6 OUT | 19.00 h
COMPLETA
Accede cun alimento non perecedoiro e colabora cos bancos de alimentos locais. ¿Coñeces o noso programa CULTURA POR ALIMENTOS?
VISITAS
13, 15, 22 e 28 OUT | 19.00 h
5, 11, 18 e 25 NOV | 19.00 h
2 e 16 DEC | 19.00 h
APÚNTATE! (ata 2 persoas por reserva)
Capacidade máxima 25 persoas.
DIDÁCTICA
Infantil a 3º Primaria | «Viaxe ao centro do aforro»
Un mercado divertido para entender que son os prezos.
4º Primaria a 2º ESO | «Mates aplicadas, aforros e mitoloxía, quen dá máis?»
As matemáticas ao servizo do aforro para chegar a Ítaca coa carteira intacta.
3º ESO a Bacharelato, Ciclos Formativos | «Ítaca»
A Odisea como metáfora dos altos e baixos financeiros.
Reservas e información: areaeducativacoruna@afundacion.org | 981 185 060
Actividade de balde
Esta actividade conta coa colaboración de FUNCAS.
Aproveita para visitares a axenda web e decátate de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes. Tamén podes entrar na nosa ticketeira Ataquilla.com para te informares sobre outras actividades escénicas.