FESTIVAL ARTES ESCÉNICAS SPECIAL OLYMPICS GALICIA, en Pontevedra
A Asociación ASPADISI participará no festival Special Olympics o próximo 26 de maio ás 19.00 h no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra. Presentará Romeo e Xulieta, unha obra que naceu da motivación, as inquedanzas, a insistencia e o esforzo dos seus participantes, que levaban un tempo reclamando o seu desexo de introducirse no mundo teatral.
Consigue as túas entradas de balde en Ataquilla.com.
A peza é unha adaptación cómica da obra de Shakespeare e ten o obxectivo de facer rir ao público. Combina o teatro co audiovisual, e todo o proceso de gravación, atrezzo, luces e son foi realizado polos propios participantes, grazas á colaboración da Aula de Audiovisual do IES Chamoso Lamas do Carballiño.
Actores e actrices:
- Lucía Gándara: Xulieta
- Francisco M. González: Romeo
- Laura Trigás: Señor Capuleto
- Raúl Lois: Señora Capuleto
- Sonia González: Señora Montesco
- José Manuel Rodríguez: Señor Montesco
- Ramón Fernández: Conde Paris
- Yago Pintos: Mensaxeiro
Equipo técnico (luces e son):
- Roberto Fuentes
- Milagros Iglesias
- Ivan Martínez
- Diego De la Calle
Produción e dirección:
- Ricardo Paz
- Chicho Carballido
Música de piano: Carla González
Baile: Nerea Pérez e Carla González
Vestiario: María Louzao
Para obter máis información sobre o resto de actuacións do Festival Special Olympics, consulta o cartaz que figura máis abaixo. E para coñecer os nosos espectáculos, consulta a Ataquilla.com.