Concerto de Red Vox Gospel Choir. Vigo
Esta actividade encádrase dentro do proxecto cultural Sonoro empeño.
Entrada libre ata encher a capacidade.
Inscricións pechadas. (Xa non se pode reservar praza, aínda que si pode haber sitios dispoñibles).
PROGRAMA
All of the days of my life
Let me wait
REDVOX
Proxecto vocal que nace en 2013, na escola de música Mundo Sonoro de Vigo. A día de hoxe, a base musical do coro é o góspel, interpretando temas tradicionais e outros con arranxos musicais persoais da man de directores de renome internacional, dándolle un aire máis actual e desenfadado ao xénero. Unha das particularidades que fai máis plena esta agrupación é a súa constante inquedanza por mellorar. Entran no seu repertorio habitual cancións coñecidas por todo o público coma Oh Happy Day ou Amazin Grace ata cancións máis introspectivas dentro do góspel.
SONORO EMPEÑO
Arte e música danse a man na capital galega, e transforman o Centro Obra Social ABANCA de Santiago de Compostela nun potente, dinámico e sonoro altofalante.
O proxecto cultural SONORO EMPEÑO ofrece un compendio de actividades anovadoras e orixinais, con eixe na mostra homónima que conta con algunhas das obras máis destacadas da Colección de Arte Afundación e ABANCA. Un universo de experiencias orientado a diferentes públicos e deseñado para gozar coa música en moitas das súas variantes, e do diálogo desta con outros conceptos coma a pintura, poesía, escultura, cinema, tecnoloxía, cociña ou ciencia. En conxunto, unha oferta encamiñada a xerar unha experiencia musical, sinestésica e inesquecible. A partir do 25 de marzo.
Coñece aquí toda a programación!