Obradoiros infantís: Sábados Musicais. Santiago de Compostela

Todos os sábados de abril a rapazada da casa ten unha cita no Centro Obra Social ABANCA de Santiago de Compostela cos Sábados Musicais. Unha entretida proposta, a raíz do proxecto cultural Sonoro Empeño, en que nenas e nenos de 4 a 9 anos xogarán creando instrumentos reciclados.
Infórmate aquí sobre el programa Sonoro Empeño.
OBRADOIROS
6 de abril. Os fíos prodixiosos da música
Audición e visionado de obras relacionadas cos instrumentos de corda. Coñeceremos curiosos instrumentos que nunca imaxinaramos e, no obradoiro, fabricaremos o noso propio: unha caixa de son con corda tensada.
13 de abril. Bater con sentido tamén é música
O segundo obradoiro da nosa ruta é o máis ruidoso. Bater, petar con sentido, será o noso obxectivo. Os instrumentos protagonistas serán os de percusión. Audicións, pintura e creatividade serán os nosos elementos para crear un auténtico tambor.
20 de abril. O vento que asubía
Audicións de instrumentos de vento, frautas, trompetas e trombóns. Obras de arte e sons nun taller onde a creatividade e a destreza nos axudarán a construír unha frauta máxica.
27 de abril. Pentagramas máxicos
O último sábado musical está dedicado ás orquestras, aos dúos, aos conxuntos e aos grupos musicais. Algunhas obras de arte inspirarán o noso taller onde realizaremos un traballo plástico de conxunto.
(Preciso levar mandil a cada un dos obradoiros)
Prezo: 3 € / participante
Inscricións a través da web Ataquilla.com
Prazas limitadas
Para máis información, areaeducativacompostela@afundacion.org ou no 981 552 577